Deportistas galegas (II): Selección galega de fútbol sala

Os combinados absolutos de fútbol sala feminino de Galicia e Cataluña enfrontáronse onte en Santiago de Compostela con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. A selección galega impúxose no marcador por 6-2 nun partido que serviría para que o combinado galego volvese a competir despois de case vinte anos sen facelo. O pavillón de Santa Isabel presentou unha entrada espectacular nun encontro baseado en reivindicar a figura da muller, neste caso, no mundo do deporte.

A selección galega, ao completo | ©Álex Estévez

A selección galega, ao completo | ©Álex Estévez

Xogaron,

Por Galicia: Silvia Aguete, Charo Ramos, Cecilia Puga e Yennifer Lores (Poio Pescamar); Beatriz Seijas, Marta Rodríguez, Andrea Carid e Lucía Gómez (Ourense Envialia); Sonia Pacios, Iria Saeta e Ana López (Cidade das Burgas); e Lara Balseiro (Pescados Rubén).

Por Cataluña: Anna Burgaya, Ingrid Carrillo e Estefa (Femisport Palau Club); Noelia Guerrero, Helena Roig, Berta Velasco e Célia Catá (Penya Gironella); Cristina Ancosta, Marta Villagrasa e Mónica Utrilla (La Concordia C.D); Bet Carrasco (F.S.F Mostoles); e Anna Riera (C.D Universidad de Alicante).

A Selección absoluta feminina nos disputaba un encontro dende 1998 | ©Álex Estévez

Sonia Pacios, minutos antes de comezar o encontro | ©Álex Estévez

Ambas seleccións comezaron dubitativas o encontro, pero a selección galega demostrou a súa pegada xa nas primeiras xogadas do partido. Cecilia, do Poio Pescamar, conseguiría o primeiro dos seus catro goles nunha boa acción combinatoria coa capitá galega Beatriz Seijas para abrir o marcador. O segundo gol das galegas non tardou demasiado en chegar, desta vez, obra de Marta.

Cecilia foi nomeada como mellor xogadora do encontro, tras anotar catro dos seis goles galegos | ©Álex Estévez

Cecilia foi nomeada como mellor xogadora do encontro, tras anotar catro dos seis goles galegos | ©Álex Estévez

O 2-0 parecía augurar un aluvión de goles, máis aínda cando Cataluña recortaba distancias tras unha rápida contra que remataría Villa cunha elegante definición. Non foi así, e esta tromba inicial de ambos conxuntos pareceu sosegarse a medida que pasaban os minutos, as defensas tamén querían ser protagonistas. Ó descanso, 2-1 no luminoso.

Célia foi unha das xogadoras catalás máis destacadas | ©Álex Estévez

Célia Catá foi unha das xogadoras catalás máis destacadas | ©Álex Estévez

Nada máis comezar o segundo tempo, Cecilia volvería a anotar para as galegas. Co paso dos minutos, o combinado catalá conseguiu un maior dominio do balón, facendo que a porteira galega Ana López tivese máis traballo que a súa homóloga Silvia Aguete na primeira parte. Cataluña tiña agora a posesión, pero a pegada continuaba sendo das nosas, e máis concretamente de Cecilia, que sumaría dous tantos máis á súa conta por medio de dous balóns parados: unha falta o borde do área e un dobre penalti con dous violentos disparos ante os que Utri, a porteira catalá, nada puido facer.

Lucía e Marta disputan o balón con Anna Riera  | ©Álex Estévez

Lucía e Marta disputan o balón con Anna Riera | ©Álex Estévez

Co 5-1 no marcador, as catalás decidiron xogar os últimos minutos con porteiro xogador, asumindo Célia Catá este rol. Deste xeito conseguiron o seu segundo gol, tras unha boa transición ofensiva que finalizaría Villa sen oposición no segundo pau. O combinado catalán continúo intentando perforar a portería galega, pero sen éxito. Serían as galegas as que conseguirían o definitivo 6-2, outra vez a balón parado, tras un saque de banda que remataría Marta e pegaría despois nunha xogadora catalá, anotando así cun chisco de fortuna.

As xogadoras galegas manteando ó seleccionador Castillo tras a victoria | ©Álex Estévez

As xogadoras galegas manteando ó seleccionador Castillo tras a victoria | ©Álex Estévez

A selección galega acadou a vitoria nun encontro onde a pesar de que o primordial non era o resultado, ambas seleccións loitaron como se houbese un título en xogo. Un partido festivo tanto no terreo de xogo como nas bancadas, cunha afección activa e reivindicativa, onde se puideron escoitar cánticos a prol de ambos combinados e dos dereitos e liberdades da muller.

Os aficionados abarrotaron o Pavillón de Santa Isabel | ©Álex Estévez

Os aficionados abarrotaron o Pavillón de Santa Isabel | ©Álex Estévez