Outono en Compostela: xogo de cores

© Compostela Daily Photo
Moitas veces a vida é como un xogo de cores. Non sabes moi ben onde dirixirte, tampouco está moi claro que traxecto fixo que, irremediablemente, agora respires o aire dun determinado lugar. Pasa o tempo e as casualidades levan a que sempre queiras volver ao mesmo punto. Ao lugar onde ese azul é máis azul, as árbores máis verdes e a escuridade máis familiar que en ningures. Existen cidades tan recoñecibles como forte é o recordo de quen as viviu e quere revivilas. O outono é todo iso. A mestura de cores, as sombras familiares, o regreso. O outono remata coa esperanza do abrazo de benvida, esa mesma ilusión que sobreviviu dende setembro na morriña de quen está lonxe. As cores de Compostela son como un anuncio de Nadal. Son todas esas imaxes que pasaron pola cabeza nas noites máis solitarias, en forma de pequena fotografía gardada na memoria da infancia. Se estabas fóra e, con este peche do outono, volves igual que fai o inverno: dámosche moitos parabéns. Entras, de novo, no xogo de cores da túa vida.

© Compostela Daily Photo

© Compostela Daily Photo

© Compostela Daily Photo

© Compostela Daily Photo

© Compostela Daily Photo

© Compostela Daily Photo

© Compostela Daily Photo

© Compostela Daily Photo