‘Hidden Figures’ ou a loita polo recoñecemento

Os inicios dos anos 60, protagonizados pola Guerra Fría e a fin da Segunda Guerra Mundial, serán o contexto no que se desenvolva a novela ‘Hidden Figures’ (‘Figuras Ocultas’) levada, o 25 de decembro, á gran pantalla estadounidense. Nela nárrase os acontecementos das vidas de Katherine Johnson (Taraji P. Henson), Dorothy Vaughn (Octavia Spencer) e Mary Jackson (Janelle Monáe). Un grupo de mulleres afroamericanas coñecidas popularmente como as computadoras humanas que empregaron os seus amplios coñecementos matemáticos para permitir á Nasa sacar adiante proxectos como o lanzamento de foguetes e astronautas ó espazo. Foron as responsables dun dos maiores logros espaciais: a posta en órbita do astronauta John Glenn, feito que supuxo gañar a carreira espacial a Rusia, que daquela era a principal competencia da Nasa tras o logro de Yuri Gagarin.

nt_16_figuras-ocultas-1

© nochedecine.com

‘Figuras ocultas’ é a historia de perspicaces mulleres que nun primeiro momento víronse limitadas á ensinanza en escolas segregadas ata que o sector aeronaútico, debido a escaseza laboral da Segunda Guerra Mundial, requeriu dos seus coñecementos. Un gran xiro profesional que non foi nada doado por mor de leis como a de Jim Crow de Virxinia, que as obrigaba a estaren apartadas dos seus homólogos blancos. As científicas terán que superar obstáculos e empregar o seu intelecto para cambiar as súas vidas e loitar polos dereitos dos afroamericanos. Rematarán por constituírse como figuras que representaron toda unha inspiración para posteriores xeracións.

O filme, basado na novela sen publicar de Margot Lee Shetterly, estivo dirixido por Theodore Melfi (‘St. Vincent’) e escrito por Allison Schroeder (‘Chicas malas’). As produtoras que colaboraron no proxecto foron a famosa Fox 2000 Pictures e Chernin Entertainment. Estímase que á chegada aos nosos cines será entre o 13 de xaneiro e 17 de febreiro de 2017. O drama promete meterse no peto ás críticas e máis tras a gran acollida que tivo no Toronto International Film Festival; no que estivo presente o produtor e músico Pharrel, como principal compositor da banda sonora. O tráiler xa está dispoñible.

Janelle Monae, Octavia Spencer, Taraji P. Henson, Pharrell Williams, Jenno Topping

Presentación da película no Toronto International Film Festival / © cinexpresspr.com