Verán en Compostela: o son dunha vida

© Compostela Daily Photo

Pasaba pola Praza da Quintana cada mañá, fose inverno ou verán, e nunca reparaba nas colas de visitantes. O mesmo lle ocorría coa Catedral no Obradoiro, cos concertos no Gaiás ou cos algodóns de azucre da madrugada do 25 de xullo. Era verán e en Compostela a paisaxe típica era a Rúa do Franco ateigada de xente, os bares cheos de mochilas con saco de durmir e cuncha incorporada, o son do Feito a Man cada noite.

©Compostela Daily Photo

©Compostela Daily Photo

Pero non. Nunca se paraba a contemplar o que lle ofrecía a súa cidade. Levaba alí varios anos, ou toda unha vida, quen sabe. E aqueles detalles que unían nunha frase poética escrita en prosa ‘Verán en Compostela’ non lle chamaban a atención. Ata que empezou a recordalos.

© Compostela Daily Photo

tumblr_obv4o5h7kb1sjp4tmo1_1280

© Compostela Daily Photo

Tivo que marchar daquelas pedras vellas e da calor sufocante do verán para darse conta de que nunca contemplara a vista por encima do seu trazado diario. Camiñaba sen gozar das estampas que emocionaban aos que tiñan centos de quilómetros nos pés e outras tantas bágoas na cara ao entrar por primeira vez na Praza do Obradoiro.

© Compostela Daily Photo

© Compostela Daily Photo

© Compostela Daily Photo

Alguén llo dixera unha vez: arrepentiraste de todo o que non valoraches. Das veces que maldixeches levar toda a vida aquí ou de cando remataches de estudar e fuxiches sen control porque o punto de encontro da Praza Galicia che quedara pequeno. Algún día recordarás a quen cho advertiu. Menos presa en fuxir, que os recordos ocúltanse na memoria pero a morriña non te solta.

©Compostela Daily Photo

©Compostela Daily Phot

Isto é para os que se van e para os que volven. Para os que soñaron con voar de aquí e non tardarán en regresar. Para os que dixeron que Santiago xe lles quedara pequeno. Para os que non coñecen o que é durmir do 24 ao 25 de cada mes 7. Para todos vós.

© Compostela Daily Photo

© Compostela Daily Photo

© Compostela Daily Photo