Crónica do escotímetro
“Cualquier huevón con la cara roja por el alcohol, calvo, con barriga y un look de mierda podrá permitirse hacer comentarios sobre la apariencia física de las chicas, comentarios desagradables si es que no las encuentra suficientemente arregladas u observaciones asquerosas si es que le da rabia no podérselas tirar. Ésas son las ventajas de su sexo. Los hombres quieren hacer pasar la excitación más patética como si fuera algo simpático y pulsional”. Virginie Despentes ‘Teoría King Kong’.
O pasado mes de febreiro, o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Luciano Méndez, increpou a unha alumna polo seu escote. Ante a inacción por parte da Universidade, un grupo de estudantes do Máster de Igualdade, Xénero e Educación, asistíu en marzo a unha clase súa na que reivindicaron o dereito a non ser discriminadas pola vestimenta nin polo xénero, quedándose en suxeitador. Esta acción de protesta consiguiría que, o mes pasado, a USC lle impuxera unha sanción a Méndez consistente na suspensión de dous meses de emprego y soldo. Porén, esta misma institución abríu un expediente sancionador contra o alumnado do Máster de Xénero que realizou a protesta, apelando a unha normativa franquista datada do ano 1954 que lles pode levar a perder a súa matrícula. Nunha convocatoria realizada pola plataforma ‘Eu tamén son Teteiro Ceive‘ varias ducias de persoas (a maioría estudantes) xuntáronse este xoves ás doce da mañá na Praza do Obradoiro en apoio das compañeiras expedientadas para esixir “que a USC desestime este expediente sancionador e que Luciano Méndez sexa apartado da docencia”, nunha concentración protagonizada polo escotímetro e as alusións ao franquismo coas súas leis aínda vixentes nas universidades públicas, denunciando a situación cun carácter retranqueiro e de performance. As seguintes imaxes son unha crónica visual do acontecido.

O estudantado denunciando a normativa que a USC usou para expedientar a os/as alumnos/as do Máster de Xénero | ©Ada Seoane Alló