‘Quiero ser’, un rotundo fracaso
O pasado martes 19 de xullo, Telecinco prometía estrear un novidoso formato de show televisivo. A periodista Sara Carbonero, o principal gancho publicitario, afirmara publicamente que “estamos trabajando a contrarreloj” e mostrouse agradecida cos directivos que a escolleran para presentalo: “Gracias por haberme dado tan rápido la oportunidad de hacer este cambio que para mí es natural”, pola súa afición á moda. Supoñíase que sería a protagonista indispensable na súa inminente volta á televisión, aínda que a súa aparición redúxose a un par de minutos.
Os primeiros participantes, na súa maioría mulleres, foron Cristina Vargas, Esther Vázquez, Christian Acosta, Laura Álvarez, Marlene Redondela e Alicia Alameda. Os profesionais encargados de catapultar o programa á fama son Dulceida, blogueira de moda apreciada por moitos mozos; Cristo Báñez, diseñador con fábricas propias en Portugal, Marrocos e Almonte (a súa cidade natal); e Madame de Rosa, blogueira con máis proxección no estranxeiro que en España.
A idea principal xira ó redor de que os estilistas decidirán quen será expulsado, tras a realización de diferentes probas e substituído por un novo concursante cada semana. O show tería unha duración de 40 minutos e sería emitido de luns a venres. O obxectivo sería optar a ser o novo influencer do momento. Enténdese por influencer ou prescriptor aquel que, a través das redes sociais, medios de comunicación e outros eventos, consegue o suficiente número de seguidores para que as súas actividades comecen a ser remuneradas económicamente polas marcas ás que publicita.

Primeiros participantes do reality / © Telecinco
Un exemplo constituiríano Pelayo Díaz, Natalia Ferviú e Cristina Rodríguez, persoeiros destacados do mundo da moda que, tras a súa colaboración como estilistas no progama ‘Cámbiame’, lograron presentar ás badaladas de fin de ano e anunciar marcas como Cîroc Vodka, Wolfnoir ou Levi’s.
‘Quero ser’ pintaba ben, pero as aspiracións ás que optaba non puideron estar máis trabucadas. A imaxe do programa empeoraba a medida que se avanzaba na súa emisión. O que se viu reflectido foi o materialismo e a deshumanización dun mundo no que non se aprecia máis que os anacos de tea que cubren ás persoas. Os participantes adicáranse en corpo e alma a menosprezarse e degradarse mutuamente. Frases coma “si tuviera que definirla a ella, sería como una niñata”, “no tengo ningún problema en quitarme el maquillaje con esta cara” ou o intento de ridiculización coa hixiene dunha rival cun “le falta depilación”, fixeron que o programa fora unha auténtica decepción. Tamén se presumiu de ser consentido, caprichoso, egoísta e vivir ás costas dos pais. Con tanto egocentrismo e prepotencia non resultou estraño que algún dos concursantes frustrados rematara por atacar os propios coaches. Os desacertados comentarios xunto á escasa presencia de Sara Carbonero non tardaron en facer prender a grella de Twitter na que apareceron todo tipo de mofas e críticas ó reality, críticas vertidas á rede pero con consecuencias na realidade.

Dúas rivais escoitando as instrucións dunha das probas / © divinity.es
O estreo resultou un rotundo fracaso acadando un máximo de 9,9% de share e véndose superado por unha repetición de ‘El hormiguero’. Finalmente os directivos convencéronse de que o mellor sería trasladar o talent show á canle Divinity e modificar o seu horario de emisión. En principio os coaches recibiron a noticia con entusiasmo, aínda que non hai dúbida de que se esfumaban dunha das cadeas con máis espectadores do país.