Sal fóra, explora e atrapa o teu Pokémon

Nintendo é a protagonista do éxito mundial que acaba de lograr co novo xogo de realidade aumentada, ‘Pokémon GO’. A empresa foi capaz de crear un novo formato no que mundo tanxible e virtual fusiónanse revolucionando o mercado deste tipo de aplicacións.

Expertos apuntan a que este súbito boom Pokémon débese á excelente combinación de experiencia social a nivel tecnolóxico nun videoxogo destas características. A estrutura é semellante á de ‘Invizimals’, un xogo de factura española no que tamén se mesturaba o mundo virtual coa realidade, causando furor entre os xogadores de PSP máis xoves. A gran vantaxe de ‘Pokémon GO’ fronte o popular ‘Invizimals’ é que o fenómeno Pokémon leva xa 20 anos conquistando o corazón dos usuarios, dende a Game Boy dos 90, consumidores ademáis de todo tipo de merchandising producido pola famosa compañía. O fenómeno fan fai disto un negocio rentable que tamén aproveita para comercializar no mundo otaku.

Screenshot_2016-07-15-16-14-49

Captura de pantalla do novidoso videoxogo Pokémon GO / © Inés K.Izquierdo

‘Pokémon’ GO emprega as cámaras dos teléfonos móbiles e das tabletas para fusionar o entorno real do xogador co virtual. Unha vez que o usuario inicia o simulador, no dispositivo aparecerá unha animación similar a Google Maps na que as ubicacións reais serán substituídas por escenarios propios da plataforma nos que se atoparán os 150 pokémons orixináis que poderán ser capturados e incorporados ao equipo do xogador.

IMG_20160714_220946

Tuits nos que se informa dos lugares nos que xa está dispoñible Pokémon GO / © Inés K.Izquierdo

Un dos trazos máis positivos do xogo é a capacidade de movilización de masas. ‘Pokémon GO’ é capaz de trocar as tardes diante do ordenador ou da videoconsola por excursións, botándo ós gamers ás rúas se estes queren avanzar como entrenadores ou acceder a obxectos máis valiosos.

A medida que o usuario se mova, o dispositivo vibrará informando de que se está preto dun deses “pequenos monstros”. Algunhas novidades a destacar son a presenza de Poképaradas ou ximnasios nos que se poderá desbloquear insignias no perfil do xogador. Estes lugares estarán situadas en espazos públicos tales como igrexas, esculturas ou monumentos recoñecidos. Tamén será posible cambiar cartos reais por Pokémoedas que se poderán utilizar para adquirir melloras e extras.

A compañía tamén optou pola comercialización do dispositivo Pokémon GO Plus; cuxa finalidade é a de informar sobre distintas notificacións que se producisen no xogo así como a realización de diferentes accións cando non se dispoña do móbil.

A notoriedade desta aplicación foi tal que xa se superou ó número de usuarios diarios en Twitter e actualmente encabeza as búsquedas na Play Store e en Google. A multinacional nipona, creadora de franquicias como Super Mario e Zelda, publicará os resultados do seu primeiro trimestre fiscal entre os meses de abril e xunio, o próximo 27 de xulio. As primeiras consecuencias do fenómeno Pokémon xa se viron co aumento do 53% das accións en bolsa de Nintendo. Pese a isto, espérase que a maioría dos beneficios producidos polo videoxogo vaian parar á empresa desarrolladora Niantic.

A súa descarga é gratuíta e aínda que dende os últimos días xa está dispoñible en España, os primeiros países en telo eran Estados Unidos, Nova Zelanda e Australia. A razón da tardanza en moitos países son os problemas relacionados cos servidores, tal e como afirmou John Hanke (o CEO de Niantic) nunha das súas declaracións públicas: “o lanzamento global atópase pausado debido a problemas que están xurdindo en servidores de Norteamérica, Nova Zelanda e Australia; nos que se rexistraron eventuais desconexións e problemas coa localización GPS. Tras solucionalos, o lanzamento será escalonado”.

Premendo na seguinte ligazón poderás ver o Tráiler Oficial: https://www.youtube.com/watch?v=Qryf2F_QfXg

 

(Imaxe destacada propiedade de © IGN)