Día do deporte solidario en Compostela
O sábado o centro comercial Área Central encheuse de deportistas gracias o 2º Día do Deporte Solidario, que volveu este ano a Santiago para recadar fondos con destino á Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS). O outro obxectivo era o de fomentar a unión de todas as persoas ás que lle gusta practicar deporte, teñan ou non unha discapacidade. Tamén permitiu que diferentes clubes da cidade se xuntasen nun mesmo evento e desen a coñecer as súas actividades gracias as mesas informativas situadas en diferentes partes do establecemento. Houbo deportes para todos os gustos, cunha larga lista formada polo patinaxe, hockei, iudo, fútbol, esgrima, baloncesto, minigolf, ximnasia rítmica, ioga, zumba, tenis de mesa, chave, petanca, boxeo… Uns máis comúns, outros tradicionais e algúns, coma o quidditch, incluso máxicos.

Unha esquina da Praza de Europa convertida en cancha de baloncesto | ©Andrea Oca

O quidditch foi un dos deportes que acadou máis expetación | ©Andrea Oca

Os pais desfrutaron tanto coma os nenos | ©Andrea Oca

Tamén houbo espazo para exposicións | ©Andrea Oca

Os cativos puideron descubrir os xogos tradicionais | ©Andrea Oca

Os materiais para xogar estaban situados na planta baixa de Área Central | ©Andrea Oca