Individuos

I

Cando o narrador déixase devorar

pola súa historia,

dilúese.

Queda encantado

cos seus personaxes

e convértese nun deles.

Hai algo fermoso e pracentero

en vivir coa morte ao carón.

espírito na neve

II

Imos asasinando os nosos peores

pensamentos e fantasías,

por medo a que nos lean a mente

a través dos ollos

das palabras que calamos

É unha mutilación voluntaria.

DSC_0269

III

Os nenos son crueis e malvados

porque aínda están aprendendo.

Aprendendo a calar desexos que

non se aceptan,

ruborizan aos seus pais

e os espantan.

O gran temor dunha nai

é coñecer de verdade ao seu fillos.

Cantos nenos hai por aí mortos?

Cantos de nós nenos lisiados?

Hai que volver.

SAR