‘Refuxiados sen camiño’, a nova exposición de Gabriel Tizón

A mostra de Gabriel Tizón atópase situada na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, aínda que debido ao mal tempo tivo que trasladarse ata un dos soportais. No vindeiro mes de maio, moverase a Xoán XXIII e durante o mes de xuño á praza Roxa. Conta cun total de 22 paneis de aproximadamente 2 metros, que amosan 80 imaxes nas que se contemplan distintas facetas da vida nos campamentos de refuxiados de Idomeni (Turquía). Ademais, vén acompañada doutra exposición en pequeno formato que se atopa espallada nos centros socioculturais do Castiñeiriño, A Trisca, Conxo, A Rocha e tamén no Ensanche. A inauguración contou co apoio de parte da cidadanía local, que tomou a iniciativa de organizaren unha andaina solidaria, coa que percorrerían os derradeiros catro quilómetros  do Camiño de Santiago, dende o Monte do Gozo ata o Obradoiro.

As imaxes de Tizón intentan transmitir as lamentables vivencias dos miles de nenos enfermos, o deterioro da saúde mental dos maiores ou a desesperación de civís, os cales non entenden o mal trato que reciben por parte dos gobernos de países próximos. Reflicten un pobo ao que “se les engañan, se les roba, se les apalea, se les persigue por huir de una guerra como si fuera un delito, y que aún así mantiene un comportamiento que merece mi máxima admiración”, tal e como afirma nunha das súas declaracións públicas.

dav

Algunhas das fotografías feitas por Tizón que se atopan no Obradoiro. © Inés K.Izquierdo

O fotográfo regresa a súa terra natal, Galicia, tras sete meses de traballo e despois de visitaren sete países (entre eles Siria, Afganistán ou Irán). Estes lugares están caracterizados pola fuxida masiva de cidadáns que escapan dos conflitos bélicos, atopándose atrapados e sen poder avanzar por mor do peche das fronteiras. O artista quere amosarnos esta dramática situación cunha nova exposición fotográfica “Refuxiados sen Camiño”. Foi presentada en rolda de prensa pola concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, e polo propio fotoxornalista. En cada una das imaxes do fotoxornalista plásmase, cunha total precisión, o día a día dos fuxidos; na busca de que se tome conciencia do sufrimento humano ao que se ven empurrados nais, pais, fillos, irmáns e avós que só intentan buscar un acubillo no que refuxiarse.

Gabriel Tizón chegou a afirmar que “en toda mi vida como fotógrafo había visto lo que viví en estas semanas en los campos de refugiados” e aproveitou para facer un chamamento á cidadanía co obxectivo de axudar aos refuxiados “escapando del discurso del miedo que se quiere esparcir por Europa”.

Denuncia, ademais, que xunto á morte de Aylan existen outros 350 casos de nenos sen foto nos medios de comunicación que, do mesmo xeito, morreron afogados viaxando en pésimas condicións, sen que as autoridades responsables tomen partido axeitadamente. Dende hai uns días, comenta, ten unha compañeira en Lesbos que lle informa do “drama das deportacións” que comezan a realizarse a Turquía, deportacións de familias que realizan un camiño de trampas e morte, “tras ter pagado ata 1500 euros por persona ás mafias que controlan as viaxes en balsas de plástico”.

dav

Detalle dunha das máis conmovedoras imaxes na que un neno morde un arame. © Inés K.Izquierdo

Gabriel Tizón é un fotógrafo profesional que describe a súa pasión coma “un sinónimo de supervivencia, la palabra de lo intuitivo, la voz de mis dudas, un refugio de soledad”, como el mismo di. Ten traballado como freelance colaborando con asociacións culturais, xornais e revistas de carácter tanto internacional coma nacional. Algúns exemplos constitúenos The New York Times, Le Monde ou Prensa Libre de Guatemala. Realizou exposicións individuais e colectivas ao longo de todo o Estado e en países como Estados Unidos, Francia, Senegal e Holanda; sendo representado pola Galería Flat File de Chicago dende comezos do ano 2001 ata 2005.

Tizón ten recibido numerosas mencións entre as que destacan o primeiro premio “Solidaridad a pie de calle”, organizado pola Cidade Autónoma de Ceuta; o primeiro premio “Ciudad Vieja” da cidade de Santiago de Compostela, ou o prestixioso feito de ser finalista nos premios Festimage en Chaves (Portugal), que dalgún modo recoñecen o arduo labor desenvolvido.