Nas rúas contra a LOMCE: folga estudantil
A folga contra a Lei orgánica para a reforma da calidade educativa (LOMCE) fixo que os estudantes saísen ás rúas durante a mañá do mércores para reclamar así os dereitos que consideran arrebatados. Os alumnos de Santiago de Compostela, convocados pola Asemblea de Estudantes, fixeron da Alameda e de Praterías o escenario inicial e final para unha protesta que se resolveu sen incidentes. Reivindicacións a prol da educación pública, da materia de Filosofía ou do aumento de profesorado estiveron presentes nas pancartas e lemas. O xoves continúa a folga en todo o territorio nacional.

‘Denfendendo o ensino, cosntruíndo o futuro’, encabezando a concentración | ©Andrea Oca

A LOMCE elimina o carácter obrigatorio da Filosofía en segundo de Bacharelato | ©Andrea Oca

Nos últimos meses foron moitos os estudantes que se ‘pecharon’ en diferentes facultades, como as de Maxisterio ou Filosofía, para pedir máis profesores, entre outras queixas | ©Andrea Oca

O cartel do 3+2 fai referencia á reforma que pretende reducir os graos a tres anos, aos que se lle sumarían dous de máster | ©Andrea Oca

Folleto explicativo que se repartiu durante a marcha | ©Andrea Oca

©Andrea Oca

©Andrea Oca

A choiva non foi un impedimento para os manifestantes | ©Carla Serrano

A praza de Praterías foi o punto final da manifestación | ©Andrea Oca

©Carla Serrano

©Andrea Oca

Como exemplo das outras manifestacións, esta imaxe de Ourense | ©Jorge Castro

©Carla Serrano

©Andrea Oca