À propos de Molly

ESTA NOITE TAMÉN

TOCAREIME

PENSANDO EN TI.

Apenas hai resignación nesta frase.

Se che asasino en soños, sairás do meu peito?

 

DA IGUAL

SEGUIREI MASTURBÁNDOME

PENSANDO EN TI.

Se che levase o almorzo á cama o noso último San Valentín, seguirías namorado de min?

Conquistaríache cada mañá se me prometeses ese fodido sorriso.

O amor é algo interesado por moito que vos enganedes.

Así que mandade todo á merda.

 

AI TÚA ESPALDA

IMAXINAREI QUE ME CORRO NELA

Abortade a misión de conquista, de repatriación amorosa.

Ninguén é a vosa patria, sodes a vosa propia nación.

O alunizaje noutros é un puto suicidio, a condena máis famosa

nas putas películas de Hollywood.

Fuxide mentras poidades.

Non ides atopar noutro

o que tendes que buscar en vós mesmos.

 

fluyendoyeso

PERO DA IGUAL

CANDO APAGUE A LUZ

SERÁ TÚA MAN

NON A MIÑA

 

Foi máis fácil namorarme

que afrontarme a min mesma.

Foi sinxelo esquecerme.

CANDO APAGUE A LUZ

AFUNDIREIME NA ALMOFADA

COMO ME ABANDONABA NO TEU PEITO.

 

Ilustración de Irea Se Menea