Spielberg retorna con ‘El puente de los espías’

Tom Hanks, Mark Rylance, Alan Alda, Austin Stowell ou Army Ryan son os novos ingredientes escollidos polo brillante Steven Spielberg para protagonizaren a súa última obra maestra: “El puente de los espías” ou, en versión orixinal, “Bridge of Spies”.

Filmes como “Jurassic Park”; “La lista de Schindler”; “E.T., el extraterrestre” ou “Indiana Jones” fannos pensar que este novo filme contribuirá a engrosar as páxinas das películas máis memorábeis na historia do cine. Como espectador un só agarda que o rei Midas volva a superarse a si mesmo, tendo en conta que este ano “El Puente de los Espías” ten seis nominacións aos Óscar, incluíndo a de mellor película, feito que se repite cos premios NBR. Tamén estivo seleccionada nos Premios BAFTA, nos Globos de Ouro e no Círculo de Críticos de Nova Iorque, esta vez acadando Mark Rylance o galardón ao mellor actor de reparto.

©phenomena-experience.com

A pelcíula toma como protagonista a Rudolf Abel, un espía ruso que ingresou no 1946 no servicio secreto da Unión Soviética e que desenvoleu as súas principais operacións en Nova Iorque. O director, coa colaboracón dos irmáns Ethan e Joel Coen, decidiu centrarse na detención de Rudolf, capturado en Brooklyn un 21 de xuño do 1957 polo FBI. Asimesmo, reflíctese como o 1 de maio de 1960, un avión espía estadounidense é atacado polo inimigo soviético ao voar sobre o territorio de dito oponente. Tal e como ocorreu na realidade ―non esquezamos que está película está basada en feitos reais― tras o aparatoso accidente, Francis Gary Powers, o piloto do avión U-2, será capturado polos sovieticos. É neste intre cando o avogado James B. Donovan (Tom Hanks) xogará un papel prinicipal e fundamental como o responsábel de negociar o intercambio de prisioneiros por orde da CIA. A trama desenvólvese no incómodo ambiente da Guerra Fría, no que as tensións políticas, militares e sociais non deixarán de estar a flor de pel. Spielberg será quen de amosar e reflectir o calvario, a deseperación e os conflitos aos que o protagonista terá que facer fronte para cumplir a misión encomendada, arriscándoo todo en defensa de valores como a lealdade, a integridade, a honradez e a súa ideoloxia.

Nun mundo hostil ameazado por un posíbel conflito nuclear tras a recente Segunda Guerra Mundial, o modélico avogado creará lazos de empatía e confianza coa representación do inimigo dos Estados Unidos, o ruso Rudolf Abel, expoñéndose ao rexeitamento da sociedade a causa do seu comportamento. Donovan será o protagonista indiscutíbel, un bo esposo e pai de familia que é repentinamente expulsado da monótona rutina diaria para loitar polo que cree con perseverancia e superando todo obstáculo que se lle presente.

©barcelonacultura.cat

Quizais poida parecer unha longametraxe un tanto vagarosa na que se repita o prototipo do extraordinario heroe americano, mais resulta ideal para aqueles amantes do drama político e do xénero da espionaxe. Hai momentos nos que o espectador pode chegar a sentirse totalmente somerxido no clásico cine dos 40, cun traballo visualmente extraordinario. En todo caso, a película semella un cóctel perfecto no que existe unha combinación de excelente de reparto e un exquisito equilibrio entre intriga, suspense e aventura.

Facendo un pequeno resumo dos éxitos profesionais do reparto, atopamos figuras como Alan Alda, considerado un célebre director, guionista e, sobre todo, actor en películas como “Delitos y faltas” o “Las cuatro estaciones”. Pola contra, Amy Ryan está especializada en interpretación, o que non implica que tras o seu debut na gran pantalla con ‘Roberta’ nos noventa non continuara traballando ata acadar a cúspide da élite de actores hollywoodienses con “Adiós pequeña, adiós” ou a notoria “Birdman”. Mark Rylance, un dos mellores intérpretes da súa xeración, catapultaríase á fama grazas a Spilberg, quen decidiu contratarlo para a adaptación do libro de Roald Dahl “The BFG” e, por suposto, en “El puente de los espías”. O incríbel Tom Hanks comezaría como cómico ata constituírse o gran actor que é hoxe en día, gañando un Globo de Ouro pola súa interpretació en “Big” e outro por “Forrest Gump”. Miles Austin Stowell, nado no 1984, é a nova aposta do cine pola mocidade, pois o mozo saltou á fama co seu papel como Kyle Connellan en “Dolphin Tale” e continuou traballando ata conseguir ser Francis Gary Powers no filme de Spielberg.