Os científicos do 2015: Tu Youyou, Eric Harris Davidson e Zhenan Bao

Tu Youyou, por Laura Filloy
Tu Youyou ganó el primer Nobel de Medicina para China | ©Jin Liwang / AP

Tu Youyou é a primeira muller china que gaña un Premio Nobel | ©Jin Liwang / AP

Tu Youyou rematou o 2015 cun sorriso. Esta química e médica farmacéutica foi galardoada en outubro do pasado ano co Premio Nobel de Medicina, que compartiu xunto cos seus compañeiros de profesión: Satoshi Omura e William Cecil Campbell. O seu logro consistiu no desenvolvemento dun tratamento para a malaria, unha enfermidade que mata cada ano a millóns de persoas e afecta dunha maneira extraordinariamente virulenta á poboación infantil. O medicamento resultante das investigacións e estudos de Youyou, chamado artemisinina, foi descuberto pola farmacéutica no ano 1969. Para chegar a el baseouse na medicina tradicional chinesa, posto que o tratamento anteriormente mencionado provén da planta Artemisia annua, unha especie asiática que parecía remediar as febres.

As súas investigacións levounas a cabo na segunda metade do século XX, especialmente nas décadas de 1960 e 1970. Os seus estudos foron financiados polo goberno chinés do momento, ansioso de que se atopase un tratamento contra unha enfermidade que estaba acabando coa vida dunha importante cantidade da poboación. E así foi como esta formidable científica, empeñada en atopar unha solución baseándose no saber medicinal chinés –que espertou dúbidas naquel momento– conseguiu pasar á historia. Pero, o máis importante, conseguiu que o seu tratamento serva para salvar millóns de vidas. Con 85 anos, Youyou acadou o premio que todo gran científico soña con gañar nalgún momento da súa traxectoria profesional pero, con mirada retrospectiva, no ano 2011 a loada farmacéutica xa conseguira o Premio Albert Lasker por Investigación Médica Clínica. O seu recoñecemento non só ten que ser admirado dende o punto de vista científico posto que tamén conseguiu facer historia en moitas outras facetas. Converteuse así na primeira muller de nacionalidade chinesa en gañar un Nobel, contribuíndo a romper os esquemas de xénero que aínda están presentes no ámbito científico.

Eric Harris Davidson, por Valen Estévez
| ©Lance Hayashida

Eric Harris Davidson publicó su primera investigación con dieciséis años | ©Lance Hayashida

Eric Harris Davidson nace el 13 de Abril de 1937 en la ciudad de New York, estado de New York, USA y muere el 1 de Septiembre de 2015, víctima de un paro cardíaco. Durante los primeros años de su vida, Eric ya mostró al mundo su afán investigador y sus ganas de aprender. Antes de iniciar su grado en Biología, ya tuvo contactos con la investigación, publicando su primera investigación científica a la edad de 16 años. Se licenció en Biología por la Universidad de Pensylvania en 1958. Al finalizar sus estudios, Davidson hizo las maletas y trabajó junto al prestigioso investigador Alfred Mirsky en la Universidad de Rockefeller, ubicada en New York. Sus investigaciones se basaron, en estos años, en conocer la expresión génica de los genes presentes en especies marinas como el erizo y la estrella de mar. Mirsky, biólogo molecular, influiría en Davidson para implementar su interés en los aspectos moleculares de los seres vivos marinos.

Corría el año 1963 y el Proyecto Genoma Humano ni siquiera era una idea. Posteriormente, Davidson se mudaría a un nuevo centro de trabajo: el California Institute of Technology (CIT). Como hemos mencionado anteriormente, la genética y su expresión molecular estaban, francamente, muy atrasadas. En la década de 1960 se postula el dogma central de la biología molecular. Este postulado explica cómo se mueve la información genética: el ADN sintetiza al ARN, llevando consigo la información, codiciosamente encriptada en el ADN, con el fin de sintetizar una proteína. Esta nueva vía permitió a un Davidson, repleto de preguntas, progresar en su conocimiento de las redes génicas y su papel en el desarrollo de las estructuras biológicas en animales marinos. Fue profesor adjunto del CIT desde 1981 hasta su muerte, impartiendo la asignatura de Biología Celular. Sin duda alguna, Eric Davidson fue un visionario en su época. Los modelos moleculares, que especuló y diseñó, –confirmados experimentalmente mucho después– fueron precisos y exactos con la realidad. La aplicación de la genética y su expresión en las fases de desarrollo temprano de los seres vivos fue, sin duda alguna, brillante. La embriología, rebautizada en el siglo XXI como biología del desarrollo, fue una ciencia con un recorrido histórico muy importante pero muy limitado, debido a la poca interacción con otras ramas de la biología. Una mente transgresora, como la de Davidson, llevó más allá la biología del desarrollo, relacionándola con la biología molecular y la genética.

Zhenan Bao, por Sofía Caamaño
... | ©Linda A. Cicero

Zhenan Bao creou a primeira pel artificial con sentido do tacto | ©Linda A. Cicero

Pensa nunha persoa á que lle falte un sentido, o que primeiro se che veña á cabeza, como a imaxinas? Posiblemente (case) ninguén evocou un individuo que careza do sentido do tacto. Aínda que te quedes a escuras e non poidas ver, aínda que a música estea tan alta que non poidas escoitar a quen tes ao lado, sempre podes sentir. O tacto  –ou percepción da presión–, é algo que sempre está con nós. Ademais a través da pel tamén nos chega a nocicepción ou apreciación da dor. Podes intentar figurar a idea de non poder palpar o que tes ao teu redor? Non é algo pouco común, ao igual que non o son os transplantes de certas partes da anatomía como o son as mans ou pernas. Existen cirurxías que permiten recuperar membros do corpo que por diversos motivos se perderon e, polo tanto, certa parte da súa funcionalidade, pero non o tacto.

Decidimos merecedora de formar parte das personaxes científicas do ano a persoa que fixo que isto xa non fora unha utopía. A chinesa Zhenan Bao, que é profesora de Enxeñaría Química na Universidade de Stanford, lidera un grupo de investigación que conseguiu desenvolver pel artificial sensible ao tacto mediante a transmisión de sinais ao cerebro. Esta innovadora lámina plástica está constituída por unha capa superior que xera a sensibilidade e unha inferior que transporta esta información ao cerebro. O mecanismo componse dun circuíto feito con nanotubos de carbono que conducen a electricidade de forma diferente en función da cantidade de presión que reciben, o que permite diferenciar entre un apertón de mans dun simple toque. O que Zhenan Bao e o seu equipo de investigación queren acadar é crear unha prótese artificial o máis semellante posible ao corpo humano. Mediante a súa pel artificial poderíase conseguir unha pel dinámica e sensible directamente conectada ao cerebro o que permitiría controlar de xeito máis preciso o membro biónico.