Good Bye, España!

Gabilondo, Urdangarín, Zubizarreta, Arguiñano,
Igartiburu, Erentxun, Otegui y… Clemente

O cine español empeza a medirse en apelidos. Despois do éxito de vendas de El Corte Inglés con “Ocho Apellidos Vascos”, Mártinez-Lázaro aposta pola comunidade autónoma de moda. Volve facernos rir de nós mesmos e dos nosos estereotipos que diría Pablo Iglesias, pero esta vez dá un paso máis alá do territorio de procedencia. En “Ocho Apellidos Catalanes”, non só existe unha caricatura da independencia e as súas interpretacións, senón tamén do hipster e “cidadán dun lugar chamado mundo” que quere separase da península.

A narración nesta volta comeza moi ben fiada. Moitos chegan o seu asento sen saber como van repetir protagonistas cunha temática tan distinta. Fano, e fano ben, ata que o fío comeza a enmarañarse. Chega a parecer que non tiñan chistes suficientes para encher a hora e media de duración, e que os que tiñan, ou ben eran repetidos ou estaban colocados no lugar equivocado. A pesar de sair ben do máis complexo da segunda parte, o resto da película parece non atopar a razón de ser, ademais dunha previsión dos acontecementos moi evidente.

A despedida deixa sensación de terceira parte.  ©vidaextra.com

Dunha boa intención, que non perde o brillo e a orixinalidade, cansan. Incluso lles dá tempo a meter outro dos acentos máis característicos do país, o galego, aínda que queda como un pegote que non sabemos se van recolocar nunha futura ampliación. Maruxiña agocha a súa nacionalidade. Convértese na candidata perfecta, con acento catalán e con poucas luces. Con tan só dous momentos de referencia a súa verdadeira identidade, queda coma o verso solto que non sabe onde vai nin de onde vén.

Crea toda una versión de “Good Bye, Lenin!” soamente para ter a súa avoa contenta e que asine a herencia

Hai sen embargo momentos de lucidez. O hipster casa cunha vasca, aínda que non lle importaría facelo con calquera persoa que saira ben nos selfies cun dos seus cadros. Di que non lle preocupa o diñeiro e o materia. Sen embargo, crea toda una versión de “Good Bye, Lenin!” soamente para ter a súa avoa contenta e que asine a herencia. Como cun buraco para coñecer como sería a Cataluña independente, asistimos a unha voda na que ademais de bandeiras catalanas hai unha sala reservada para comer xamón e beber un bo Rioja, apta para españois e cataláns con desexos impuros.

Bos momentos e boa intención que non acaba de agradar o suficiente. Quedamos sobreexpostos a unha artificial segunda parte que nos fai pedir que non haxa terceira. E que hai veces que unha boa historia, non mellora por máis veces que a contes.