A lactancia
Querías beber
Do néctar
Do embigo do mundo
Ías marchar e consolábache
O meu leite
Co que crías poder salvarte
De ti mesmo
Desapareces.
Mentres
Me desfago
Nunha frívola lactancia
Bebe deste peito
feito manantial en despeito
si é que volves
Meu amor
Non son túa mai.
Non son túa mai.
Pero bebe deste peito,
Porque cultivarei
todo o amor
Do mundo