Pel de elefante

DSC_0097

1

Sempre gostei

de perseguir estrelas fugaces.

 

Coma unha pega cósmica.

 

DSC_0087

2

A túa órbita gravitatoria

atráeme.

Altera á miña propia,

arríscome achegándome a ti,

desequilibrándome.

Pode que algún día nos xuntemos tanto

que colisionaremos

e estouparemos en máxico  polvo galáctico.

Nunha supernova

que parirá

Toda unha galaxia.

DSC_0060

3

Deixeime levar

E arrasaron comigo

as ondas do mar,

toquei fondo.

Non fago pé,

non sei nadar.

Fundido a negro.

F¿N