Noite de despedida na Capitol

A sala Capitol abría as súas portas ás 20:00 horas para que The Lost Omelette-makers quentasen o ambiente co seu bo rollo e as súas cancións pop, seguidos da furiosa performance de Vozzyow con sumiso incluído, promesas do panorama musical galego.

The lost omelette makers

The Lost Omelette-makers

Vozzyow

Vozzyow

DSC_0361

Vozzyow

Samuel Solleiro, Roi Vidal, Lois G. Carlín, Álvaro Trillo e Miguel Mosqueira comezaron o concerto con tres temas do Disco Vermello para despois dar paso ó vocalista Álex Charlón, que está a despedirse dos escenarios tras 14 anos de andaina musical con Ataque Escampe.

ataque

Roi Vidal de Ataque Escampe

DSC_0501

Miguel Mosqueira de Ataque Escampe

ataque2

Miguel, Lois e Álex de Ataque Escampe

DSC_0586

Álex, Lois e Roi

despedida ataque

Ataque Escampe ó completo

Foi unha noite de despedidas, de abrazos e palabras de agradecemento. O público contaxiouse de tanta emotividade e o grupo pechou a noite co tema O longo adeus, facendo que a xente se agarrase a calquera que estivese preto para balancearse ó son melancólico desta doce despedida.