Por que crece Ciudadanos?
O resultado das eleccións europeas do pasado maio provocou que todos os focos se colocasen sobre a chegada de Podemos ao panorama político español, pero
deixouse de lado todos os movementos máis ou menos sorprendentes que se producían no vagón de cola do reparto de escanos
, lonxe da forte caída do bipartidismo clásico. Entre estes, a poucos colleu preparados que unha formación como Ciudadanos, cunha nula presenza institucional fóra de Catalunya, conseguise 2 eurodeputados. Desde
ese momento, o partido
de Albert Rivera non deixou de crecer en intención de voto e atención mediática, ata o punto de que algunhas enquisas o colocan consolidándose como a cuarta forza nunhas hipotéticas xerais. Pero, por qué sobe este partido? Imos intentar achegar algunha idea que poida explicalo.
A necesidade dunha opción de centro
Hai uns días o noso compañeiro Mario explicaba cos datos do CIS na man a percepción da posición ideolóxica dos partidos españois por parte da cidadanía. Na meirande parte de lugares a maioría das persoas tenden a situarse no centro, un lugar que é, ademais, onde se aglutina o maior número
de indecisos e que fai gañar as eleccións.
Se a sociedade española di ser máis ou menos así…
… e esa mesma sociedade percibe a Ciudadanos máis ou menos así..
Está claro que, sobre o papel, pode parecer unha boa opción para captar electorado no nicho máis desexado, que tradicionalmente fluctuou entre PP e PSOE.
UPyD estaba condenado a rebelarse coma unha estafa intelectual
O desgaste de UPyD
Un partido que fala de rexeneración democrática desde o dirixismo absoluto da súa lideresa e que fala de cambio de caras cando a súa cabeza visible leva 30 anos como cargo político electo está condenado a que a xente se dea conta de que é unha estafa intelectual. UPyD foi un chiringuito que non soubo renovarse e, por riba, de cara á galería evidenciou rexeitando a converxencia con Ciudadanos en numerosas
ocasións que querían poñer os seus intereses por diante da construcción desa alternativa de centro.
O efecto Podemos
E isto ten dúas vertentes, que se poden denominar como: “o discurso anticasta” e a “alternativa dentro do sistema”. O primeiro é, nin máis nin menos, que aproveitarse indirectamente dos ataques que lanza o partido de Pablo Iglesias contra PP e PSOE capitalizando parte do desgaste que lle xeran. A segunda é que Ciudadanos é un partido que presenta unha proposta que non é unha enmenda á totalidade do sistema, coma a de Podemos, senón unha reforma da arquitectura institucional española (que, segundo as teorías de Acemoglu e Robinson, mal que ben trouxeron na época democrática un progreso económico e social aceptable) para desterrar problemas como a corrupción ou a insuficiente separación de poderes. Se a isto lle unimos un discurso económico razoable centrado no apoio ao emprendemento e unha fiscalidade moderada, é tamén lóxico que a mensaxe calle no electorado que quere un cambio que non pase por utopías ou revolucións.
Rivera é o xenro que a calquera nai lle gustaría
Albert Rivera
Se Pablo Iglesias (ou Errejón para outros gustos) é o mozo que lle gustaría a calquera postadolescente interesada pola política, Albert Rivera é o xenro que toda nai quere. Licenciado en Dereito, con boa capacidade oratoria forxada no debate de competición e agraciado fisicamente, a unha parte da crecente da cidadanía comeza a transmitirlle credibilidade.
Asumindo que o liderado de Rivera sexa positivo e mesmo parte importante do ascenso de Ciudadanos, cabe a posibilidade de que se non existe unha renovación ou a creación dunha segunda fila do partido potente se convirta noutro UPyD. Nesta caso, pódese ver nas fichaxes de caras coñecidas como Javier Nart, Carolina Punset, o economista Luis Garicano ou o asesor de comunicación Fran Carrillo unha vontade de construir algo que non sexa a taifa do catalán. Por último, igual ca Podemos, tamén afronta un desafío á hora de tecer unha estrutura territorial á altura das esperanzas postas neles que, en caso de que non aconteza, danará fortemente as aspiracións de ambos de cara ás próximas xerais.