“LOMCE e Boloña, todo unha vergoña!”
Pese ao vento e a choiva unha mensaxe clara e forte resoou por Compostela o xoves 26: “Aquí está, aquí se ve, o estudantado galego en pé!”.
Nunca antes unha suma causara tantos problemas ao ministro Wert. O 3+2 sacou a un milleiro de estudantes aos que non lles saen as contas cos decretos do Goberno. Comités, Galiza Nova, Agir, Sindicato de Estudiantes… Da igual quen examine ao pupilo Nacho Wert, todos lle deron un claro suspenso en cidadanía. Xuntos pregoaron polas rúas de Santiago que o modelo universitario actual é inxusto e inaccesible a moitas persoas. As súas deficiencias, unidas ao encarecemento dos seus servicios, non fan máis que darlles a razón. De aí que algúns anuncien que “os nosos recortes serán con guillatina”.

© Adrián G. Placer

© Irene Picallo Doce

© Irene Picallo Doce

© Irene Picallo Doce

© Irene Picallo Doce

© Adrián G. Placer

© Natalia Porca Rodríguez

© Adrián González Placer

© Irene Picallo Doce

© Adrián González Placer

© Irene Picallo Doce

© Natalia Porca Rodríguez
Veremos se o proxecto 3+2 ve a luz do sol. Comprobaremos se Nacho escoita aos “estudantes en loita” e as mestrías baixan de prezo ou polo contrario, continúa a “mercantilización da universidade”.