Escepticismo, maxia e física

A simple vista pode parecer que estes tres termos non teñen nada en común, pero se afondamos nas intraconexiones, acabaremos atopando axones como si de neuronas se tratasen.

Para os máis escépticos, a maxia é unha disciplina sen fundamentos, mais numerosos científicos demostraron que está intimamente ligada á física e á química. Trucos de maxia nos que o compoñente x ou o vector de y son os ingredientes imprescindibles para a correcta realización do truco, denominado polos máis escépticos, outra vez, experimento.
Houdin –que non Houdini–, un gran referente na historia do Ilusionismo, era reloxeiro e coñecía todos os recursos mecánicos da súa época. Ao longo da súa vida chegou a escribir diversos libros entre os que cabe destacar “Maxia e física recreativa”, no que o ilusionista relata unha serie de trucos xunto coa súa debida explicación científica.

A maxia realízase principalmente a través da arte do engano e da distracción e, por outro lado, da ciencia

Un exemplo é o do “Baúl pesado”. O público queda somerxido na espectacularidade de non entender coma un neno era capaz de levantar dito baúl pero, segundos despois, un grupo de adultos non eran capaces de desprazalo do seu sitio nin un mísero ápice.

altafulla.com

Cal era o motivo? Unha prancha metálica cun electroimán que actuaba “atando” o baúl ao chan cando Houdini o desexaba, xogando coas forzas electromagnéticas. A física cuántica é a encargada de esclarecer as teorías electromagnéticas, pero a rasgos moi sinxelos, a explicación recae nun intercambio de partículas, chamados fotóns, entre dúas cargas, ben atraéndose entre si ou ben repeléndose.

Non obstante, non fai falta retroceder ata o século XIX para atopar magos que utilicen a física como variña máxica, senón que hoxe en día a maxia realízase principalmente a través da arte do engano e da distracción e, por outro lado, da ciencia.
Timbres, chispas eléctricas, falsas poleas… son tan só algunhas das ferramentas que, disfrazadas e camufladas no escenario, son o pan de cada día destes artistas da maxia.

Para os máis escépticos, a maxia é unha disciplina sen fundamentos, mais numerosos científicos demostraron que está intimamente ligada á física e á química

Recentemente e como apoio a física, esa ciencia tan temida por moitos debido a súa complexidade, a Universidade de Harvard realizou un vídeo educativo sobre a oscilación das ondas a través de diversos péndulos, cada un de distinta medida.
Os investigadores explican que o período dun ciclo de oscilación é de 60 segundos e, axustando a lonxitude do cable do que se sostén a bola do péndulo, dito período pode variar. Xogando así coa amplitud do recorrido a acción gravitatoria, a física é capaz de crear un vistoso baile de péndulos. É maxia? É físca? Mesmo as dúas cousas poden chegar, nun momento, a seren o mesmo.

Imaxe de portada: http://artnouveaujugendstil.blogspot.com.es/