Compostela na ruta do Madness

Cando se fala de Ourense, cada un ten a súa imaxe deste lugar do interior galego. Para min, Ourense é sinónimo de música. Non só de bandas, senón tamén de persoas emprendedoras, como Iván Nieto, organizador do Live For Madness Metal Fest, festival que promove a escena do metal local e que en tan só catro anos, converteuse nun referente. Na convocatoria que Iván organiza para seleccionar as agrupacións que tocarán no festival, participan grupos chegados de toda-las puntas do país, a excepción de Ceuta e Melilla, lares dos que éste me comenta como anécdota que aínda non tivo solicitudes. Para a vindeira edición xa van máis de 200 bandas participantes e o prazo non pecha ata o 15 deste mes. Entre todas aquelas bandas farase unha selección, e as que resulten escollidas actuarán no festival Live For Madness, que se celebra cada ano na cidade de Ourense; tamén pode ser que a que resulte gañadora actúe no Resurrection Fest, se este acordo se renova. Mais, de cara a esta edición, a porta de entrada está no Road To Madness, a xira oficial do Live For Madness, na que actuan catro grupos (os ourensáns Hidden Code e Acid Proyect, os santiagueses Primitive e os vigueses N.O.T.) en catro datas diferentes. E esta fin de semana, Compostela é o lugar escollido.

Hidden Code | ©Ada Seoane Alló

Hidden Code | ©Ada Seoane Alló

Primitive | ©Ada Seoane Alló

Primitive | ©Ada Seoane Alló

Iván Nieto ten tras de sí a experiencia de configurar un evento que en catro anos alcanzou a talla nacional e que contou en edicións anteriores co patrocinio dunha das marcas de bebidas enerxéticas máis coñecidas do mercado: Rockstar Energy Drink. Móstrase como un tipo amable, curioso por todo o que acontece no mundo do metal e das bandas locais deste xénero (é habitual encontralo en calquera dos festivais de música extrema da nosa terra). Explicame que neste tour participan catro agrupacións que formaron parte de cadansúa edición do Live For Madness. E o sábado pasado, na asociación A Tiradoura de Cangas, fun testigo do que o Madness quere traer á capital. Hidden Code abriron a primeira data do tour con esa mestura entre djent e metalcore facendo repaso do seu primeiro LP Decoded. Entre gritos de “el Billy Jean” por parte do público pedindo a versión do clásico de MJ e cancións que se sucedían unha tras outra con fluidez, Hidden Code deron punto final á súa actuación. Co tempo xusto para pedir algo na barra, Primitive tomaron o escenario e traían grandes novedades. Os composteláns estrearon algúns temas para anunciar que estaban en proceso de sacar un novo álbum para o que van preparar unha campaña de crowdfunding a través de Verkami. Un directo arrollador cunha alta dosis de thrash metal que deu paso a Acid Proyect, unha banda complicada de catalogar pola cantidade de paos que tocan cos seus temas: metal, grunge, hardcore… pódese resumir en metal alternativo. No seu setlist incluiron nove temas do seu novo lp Where’s your god now? publicado este mesmo ano. Finalmente, para poñer o broche a esta noite de metal, os encargados foron N.O.T. que dende Vigo, e con 14 anos de metalcore, hardcore e groove ao lombo, interpretaron temas dos seus dous álbumes de estudio (Te infecta e De|Género Humano). Presidindo o escenario estaba o seu oso de peluche, icono do grupo.

N.O.T. | ©Ada Seoane Alló

N.O.T. | ©Ada Seoane Alló

Así transcorreu a primeira data do Road To Madness, Tour que dará que falar e co que o público metaleiro poderá disfrutar os vindeiros sábados de outubro en Santiago, Lugo e Ourense, respectivamente.

Acid Proyect | ©Ada Seoane Alló

Acid Proyect | ©Ada Seoane Alló

Compostela acollerá o evento este sábado as 20.30h na Sala Moon, con entradas ao prezo de 5 euros á venda na taquilla da sala á hora de apertura do evento.

Composteláns, estades preparados para demostrar que o metal en Santiago está presente? SONY DSC

Pincha aquí para ver o álbum do Road To Madness en Cangas.