Catalunya, laboratorio político

Es necesario animar el arte con la extrema simplicidad: la novedad.
Tristan Tzara. Manifiesto Dadaísta

Cómpre únicamente cambiar o susbstrato artístico da frase polo eido político para obter un resumo somero do que supón Catalunya para o Estado: un laboratorio político. Para comezar, dous exemplos “express”: Primeiramente, a primeira liña de ferrocarril na Península inaugurouse en 1848 e conectaba Barcelona con Mataró e, en segundo lugar, polo Pirineo catalán entraron as primeiras bafaradas  antifranquistas herdeiras do maio do 68 francés, a chamada gauche divine, e que despois se extenderon ao resto de España. Mais, continuemos.

Non é ningunha sorpresa que a entrada de Podemos no espacio político está a provocar cambios, alomenos na perspectiva de futuro —prevista pola última enquisa do CIS–. Mais é en Barcelona onde unha fronte cidadá de esquerda, o derradeiro desideratum de Beiras (?), comeza a tomar forma. A plataforma Guanyem, liderada pola ínclita Ada Colau, vén de anunciar que concorrerá ás eleccións munipais de 2015 cun crisol de asociacións cívicas e formacións políticas de coordenadas non moi distantes das de Podemos. O radio de acción da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) espallouse dende distritos barceloneses moi perxudicados polos desfiuzamentos, nomeadamente Nou Barris, ata outras provincias españolas. Con todo, anteriores a Podemos e Guanyem é a Candidatura d´Unitat Popular, a CUP, unha formación asemblearia de esquerda e independentista liderada por David Fernández.

ada colau carmen secanella eldiario

Ada Colau, artífice de Guanyem | © Carmen Secanella

Colau xa ten amosado o seu respeto polo dereito a decidir, unha cuestión cardinal que decidirá (e moito) o porvir da política española, como anuncia o politólogo galego Braulio Gómez ou o analista de La Vanguardia Enric Juliana. Dereito a decidir todo. Elexir o líder dun partido, elexir en listas abertas, elexir o modelo de Estado. Elexir, en definitiva. Dende hai moitos anos, Esquerra Republicana (ERC) escolle ao seu cap (cabeza, líder) mediante o voto dos seus afiliados. O desgaste das relacións Catalunya-Estado desembocaron na nai de tódolas peticións de voto: o chamado Dret a Decidir. Ou o que é o mesmo, unha maioría social e parlamentaria de Catalunya que pide votar o seu futuro. Incluso, a plataforma vasca Gure Esku Dago organizou unha cadena humana (outra) que congregou a milleiros de vascos clamando polo seu propio dereito a decidir. A “treboada da decisión”, como poderíamos chamar a este fenómeno, tivo unha repercusión indirecta no Congreso Extraordinario do PSOE, que nomeou a Pedro Sánchez como novo secretario xeral, despois de que Eduardo Madina botara un pulso ao buró andaluz para proceder ao voto directo da militancia. Tamén, trala abdicación de Juan Carlos de Borbón no seu fillo Felipe, houbo algúns conatos de petición dunha consulta encol ao eterno República vs. Monarquía. E todo, despois de que Catalunya, ao  abeiro doutros procesos similares (non iguales) como o escocés, iniciara esta ondanada.

En tempos onde está a producirse unha exaltación do consenso como ferramenta de gobernabilidade e da Transición como período onde alcanzou o seu nivel máis alto, en Catalunya existe un acordo poliédrico entre partidos: CiU, ERC, ICV, CUP e parte do PSC está a favor da consulta do 9-N. A semana pasada, Artur Mas volveu abrir a porta á Esquerra para entrar no goberno da Generalitat, algo ao que Junqueras dá evasivas namentras se deixa querer. A nivel estatal, mesmo Felipe González, quintaesencia do socialismo español no “prezapaterismo”, puxo sobre a mesa un pacto PP-PSOE en nome da “razón de Estado”, tan etérea como recorrente, e que imitaría a grosse koalition da Alemaña.

artur-mas-oriol-junqueras-efe-1

Mas e Junqueras, xuntos nun futuro próximo? | © EFE

Seguindo co PSOE, seu irmán catalán, xa anticipou a catarse do socialismo en España (e na meirande parte de Europa). Aproximadamente catro anos antes, o PSC iniciou unha tendencia negativa na porcentaxe de voto que o levou á situación actual de case escisión, despois de catro líderes en once anos.O PSOE non aprendeu da lección catalana e a súa caída electoral foi máis aguda, como ilustra o gráfico.

relación psc psoe

Elaboración propia

O Partit dels Socialistes de Catalunya era ata o momento a forza política vertebradora, a que abranguía o voto socialdemócrata coa esquerda catalanista e o voto emigrante do cinto industrial barcelonés (como Hospitalet, na comarca do Llobregat, ou Terrassa, no Vallès). Moito antes do momento da reforma estatutaria e o famoso rexeite do TC, que explica en boa medida o que está a acontecer, Maragall denunciou hai 13 anos un estratexia de recentralización que non estaba a ser ben vista no noreste. Ao fío, popular é o seu artigo Madrid, se va. Da mente de Maragall tamén xurdiu a doble capitalidade, recollida polo economista Germà Bel no seu España, capital París. Unha proposta que non chegou dende outros puntos de España, e que pode ter algunha conexión co que acontece nalgúns países europeos, como Holanda con Den Haag e Ámsterdam, e Alemaña con Berlín e Bonn- Non concentran tódalas carteiras nunha mesma cidade, como ocorre en España con Madrid.

A política española leva moitos anos orfa dun partido de centro. O Partido Popular no foi quen de asumir unha postura de centro, ao estilo UCD, cando a principios de século Aznar teimaba en recoller o caladeiro de votos errante entre o PSOE e o PP. Pois ben, Duran i Lleida acaba de anunciar que traballa en encetar un proxecto de centro para Catalunya sen abandonar Uniò. Por outra banda, para ollarmos a semellanzas entre sistemas de partidos dun e doutro espacio político, abonda con mirar a UPyD, cuns postulados moi semellantes aos de Ciutadan´s, fundada un ano antes. A forza de Albert Rivera aspira a ser alternativa aos dous partidos grandes, unhas intencións cuspidiñas ás de Rosa Díez. Malia fracasar, tentaron pactar para concorrer xuntos ás eleccións europeas.

Estes son algúns exemplos de como Catalunya actúa como banco de probas político do resto de España, se cadra era certo o que cantaba Raimon no franquismo: Nosaltres no som d´eixi món.

Imaxe destacada: Ⓒ elmundo.es