As cores íntimas

Píntame a pel cos teus dedos, que estou moi branca e vacía.

cor2 cor3 cor4

Píntame ás, coas caricias fasme voar, coma a lúa sobre o mar, vista dende calquera barranco. Son todo natural, coma as luces da primeira mañá, tralas cortinas que agochan os noso ósos espidos, pernas entrelazadas e ollos perdidos.

DSC_0024edit  DSC_0032edit2

DSC_0048edit

Píntame en silencio todo aquilo que levas gardando, que ninguén che escoitou dicir e nin sequera ti esperabas poder pronunciar. A vida corre e a pel se arruga, o desexo adormece, o gastes ou non. Pintemos con cores que nos sexan íntimas e suaves, e agardemos que o medo non saque o peor de nós. Quero que me pintes, non que me ensucies con algo alleo a min, á miña pel, a meu ser.

DSC_0053edit DSC_0062edit2 DSC_0080edit DSC_0125editDSC_0097edit

Pinta o que queiras, que hoxe meu corpo é teu lienzo. De ton amencer sobre fría area, de berros afogados e miradas audaces

DSC_0031edit2

Modelos: Laura Ramos Figueroa e Nerea Varela Ferreiro.