Xogo de nenos

Manifestación en Lugo | BY-NC-SA 2.0 Miguel Grandío
A abdicación do rei o pasado día 3 colleu a toda a sociedade, sen excepción, desprevida. Rapidamente, coa axuda das redes sociais e das novas tecnoloxías, foron convocadas diversas manifestacións en centos de cidades e vilas reclamando un referendo no que poder escoller a forma do estado español. Partidos políticos, sindicatos, asociacións e demais entidades saíron á rúa con diversas proclamas (mesmo enfrontadas, nalgúns casos) para facérense oír. A necesidade de actuar rápido parecía vital e podíase percibir certo desconcerto e nerviosismo no ambiente. Mentres tanto, os máis pequenos cidadáns só vían no simbólico cacho de tea tricolor unha oportunidade para deixaren voar a súa imaxinación e divertirse. Pero que lles imos dicir? Por desgraza, non parece que sexan eles os únicos que ven na política un xogo de nenos.
Como dicían os Kastomä n’A Infancia: “quero regresar á infancia a buscar esa emoción que completa a situación existencial; póñome sentimental”.