Romaría Pop 2014
Non é unha romaría calquera. Esta parece sacada dun anuncio de cervexa en temporada de verán. O marco é marco case idílico:Sol, música, amigos e natureza no parque de Belvís.
A terceira edición do Romaría Pop, organizado por Desconcierto Cultural en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, tróuxonos artistas do panorama musical galego independente. Os devotos e groupies alí reunidos brincamos con grupos coma Ataque Escampe, Demonhigh, Puma Pumku, Los Chavales, Niño Y Pistola… Ó mediodía a xente parecía algo tímida, pero lentamente achegábanse máis ó escenario, ó anoitecer non faltou o pogo para despedir o día.
Tanto brinco mete fame así que os máis vagos, que non quixeran levar o “tupperware“, podían ademais desfrutar da gran variedade de postos de restauración: a mítica polbeira con carpa por cortesía de Julio, o pulpeiro de Anzo, postos de cupcakes coma o de Anatomía de Cake, de filloas “reivindicativas” e productos ecolóxicos coma Prato Do, o Resas e Alba Marino con comidas do Xapón… E se falamos de prezos, pois pintaban ben adaptados á súa máxima pop.
Arredor dos concertos, centro do festival, celebráronse ademáis todo tipo de talleres para os máis pequerrechos. Customización de zapatillas e camisetas, partidos de fútbol entre os fans de Crystal Fighters e os de Belle & Sebastian, divulgación ambiental, respeto animal e como non experimentación musical.
¿Qué podo dicir da feira? Dende logo a palabra é variopinta. Dende CD´s e vinilos ata coroas de flores naturais, xoias artesanais, roupa de segunda man, caretas ben “bizarras”. Cada posto cunha personalidade propia pero que entonaba perfecamente coa sinfonía da romaría de Belvís.
Só queda esperar menos de 365 días para poder volver a Belvís ou ó parque que toque e prepararse para o verán cun día de romaría, ¡queremos máis!