Pegada Violeta (II): Entre verbena e espantallo

“TÚ,
tú que bajas a las cloacas donde las flores más flores son ya unos tristes salivazos sin sueños y mueres por las alcantarillas que desembocan a las verbenas desiertas para resucitar al filo de una piedra mordida por un hongo estancado, dime por qué las lluvias pudren las hojas y las maderas. Aclárame esta duda que tengo sobre los paisajes.
Despiértame.”

Rafael Alberti, “Ascensión de Maruja Mallo al subsuelo”, Gaceta Literaria 61, 1929

Non, non foi fácil. Cuarta irmá  dun total de catorce para unha familia nómade por mor do traballo do pai. Xixón, Vigo, Avilés, Tui, o seu Viveiro natal… Os primeiros anos da vida de Maruxa Mallo (Viveiro, 1902- Madrid, 1995) foron unha sorte de introducción en miniatura á voráxine de experiencias que viría despois. Madrid, París, Bos Aires, Nova York. Metade anxo, metade marisco. Adscrita á facción pictórica da Xeración do 27, as súas obras son auténticas pezas de culto no contexto do surrealismo español.

La Verbena, obra clave da súa escolma

La Verbena, obra clave da súa primeira época |  cuadernosdepintor

Ana María Gómez González tomará como sobrenome o segundo apelido de seu pai, do mesmo xeito que o seu irmán, o escultor Cristino Mallo. Será durante a súa adolescencia en Avilés cando na casa tomen conciencia do talento daquela rapaza que copiaba ilustracións das revistas. Maruxa comezará a tomar clases particulares de debuxo ata que co traslado da familia a Madrid en 1922 ela e máis Cristino pasen a tomar clases de Belas Artes na Real Escuela de San Fernando.  A partir deste momento, compaxinará a súa formación cunha intensa vida social, da que tomarán parte nomes como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Luis Buñuel, María Zambrano, o daquela amante Rafael Alberti e a súa adorada Concha Méndez. Esta última será a principal compañeira de aventuras dunha época na que ambas desafiarán aos cánones sobre o que é axeitado e aceptable nunha “señorita” e o que non. A influencia das ideas de iconas como Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán será crucial para ambas rapazas, que recorrían as tabernas, debruzándose nas ventas de aquelas ás que non as deixaban pasar para guichar o que facían dentro os homes.

Maruxa, no seu estudo madrileño en 1936

Maruxa, no seu estudo madrileño en 1936 | © cuadernosdepintor

Os anos 20 serán unha década de troula, pero tamén de traballo. Colaborando con publicacións como Revista de Occidente, La Gaceta Literaria ou El Almanaque literario, realizando portadas de libros, como integrante da Escola de Vallecas… Pouco a pouco, aquela rapaza de Viveiro comeza a ter un nome propio. En 1928, Ortega y Gasset apadriña a súa primeira exposición nos salóns da Revista de Occidente. Aos 26 anos, comeza a súa consagración.

Tal e como afirma sobre ela o seu bo amigo García Lorca, “entre Verbena y Espantajo toda la belleza del mundo cabe dentro del ojo, sus cuadros son los que he visto pintados con más imaginación, emoción y sensualidad.”

Cos anos 30 chegará a serie Cloacas y Campanarios, unha das súas pezas clave. En 1932, unha bolsa de estudos a levará a París. Magritte, André Breton, Joan Miró, Picasso… Os artífices da vangarda –aos que coñece de primeira man-  alimentarán a batedora de influencias de Maruxa, quen, á súa volta a Madrid, deixa cadros en propiedade de Breton e do Goberno Francés. Á volta a Madrid, traballará de profesora de arte. Coa caída da República, chegará o exilio. Con sede en Bos Aires, percorrerá toda América Latina de man de bos amigos como Pablo Neruda. Posteriormente, regresará a Madrid, onde morrerá á idade de 93 anos.

Maruxa, a bruxa | © cuadernosdepintor

Maruxa, a bruxa | © cuadernosdepintor

Considerada precursora da visión plástica informalista, a súa obra parte, que diría Breton, do automatismo psíquico puro.  Tal e como afirma sobre ela o seu bo amigo García Lorca, “entre Verbena y Espantajo toda la belleza del mundo cabe dentro del ojo, sus cuadros son los que he visto pintados con más imaginación, emoción y sensualidad.” Case dúas décadas despois, a obra pictórica desta muller empoderada e independente segue a fascinar a críticos, afecionados e coleccionistas. Museos coma o Raíña Sofía exhiben na actualidade fragmentos da súa extensa produción. Referente no contexto da pintura de vangarda nacional e exitosa representante da escola de Vallecas, a súa estrafalaria personalidade e rechamante aspecto segue presente na lembranza popular dúas décadas despois do seu pasamento. Cabeza de Muller, carácter de mito.