Ría de Ferrol, a beleza dunha vítima incurable

“A mesma falta de integridade individual que provocaba que tanta xente tomase o camiño fácil convertía rapidamente á cidade dos seus soños en…”.  Manhattan, 1979. Woody Allen. 

A riqueza dunha cidade pode ser medida dun xeito que pasa a simple vista desapercibido; mediante o coidado dos seus xardíns. Pero ao pensar a frase, ben é coñecido por todos que non só os xardíns son indicativo disto, tamén a natureza que rodea a civilización. Ás veces son os detalles os que nos revelan non só a idiosincrasia do lugar, tamén a súa historia. Se viaxamos ata as Rías Altas, no Golfo Ártabro, atopamos un estreito, a ría de Ferrol. Son as augas que bordean parte dunha comarca chamada Ferrolterra. Lonxe quedan os tempos do que foi El Ferrol del Caudillo, pero a semente do mal ten aí a súa orixe: o asentamento de bases militares, das instalacións portuarias, o crecemento das actividades industriais…

A todo isto únese a inexistencia dunha depuradora que funcione.  E hoxe en día a situación, como cabía esperar, agravouse. A deixadez é causa e consecuencia da complicidade de diferentes partidos políticos que pasaron pola alcaldía, respaldados polo goberno central, mais os empresarios das industrias. Tamén a mala xestión que fixeron das axudas da Unión Europea para o saneamento da ría explican as dificultades das máis de 500 familias que viven da pesca. As augas ferrolanas son vítimas dunha enfermidade crónica. Pero cando a marea está alta, a súa fermosura segue a brillar. As fotografías seguintes son un pequeno reflexo do contraste de elementos que é habitual atopar nesta paisaxe. A beleza dunha vítima incurable.

1. Escuridade nas augas. Os axentes da enfermidade

Os condutos

Os condutos botan veleno as augas dunha cidade que ten depuradora pero non está a funcionar porque non está completa | ©Irene Picallo Doce

Ao final do paseo de A Malata, a paisaxe está corrompida polo home; un restrelo oxidado en primeiro término e desenfocado: un carriño de compra, calzado, bolsas e vidrio. Todo facéndolle compañía ao regato putrefacto.

Paisaxe corrompida | ©Irene Picallo Doce

Paisaxe corrompida | ©Irene Picallo Doce

 

© Irene Picallo Doce

© Irene Picallo Doce

 2. A morte. Parte I e II

Fedor no ambiente | © Irene Picallo Doce

Fedor no ambiente | © Irene Picallo Doce

Os condutos de augas residuais son os canóns asasinos da natureza.

© Irene Picallo Doce

© Irene Picallo Doce

III. Sol purificador, o reclamo para os visitantes

Paseo de Caranza | © Irene Picallo Doce

Paseo de Caranza | © Irene Picallo Doce

Paseo de A Malata | © Irene Picallo Doce

Paseo de A Malata | © Irene Picallo Doce

 

Ao seu carón. O vento ás veces lévaas de viaxe | © Irene Picallo Doce

Ao seu carón. O vento ás veces lévaas de viaxe | © Irene Picallo Doce

 IV. Augas mesturadas. A dose diaria de Océano Atlántico.

Entre a frescura e a putrefacción | © Irene Picallo Doce

Entre a frescura e a putrefacción | © Irene Picallo Doce

Apertura da ría. Paraíso perdido | © Irene Picallo Doce

Apertura da ría. Paraíso perdido | © Irene Picallo Doce

Os gardiáns ancestrais. O Castelo de San Felipe (esquerda) e o Castelo de La Palma | © Irene Picallo Doce

Os gardiáns ancestrais. O Castelo de San Felipe (esquerda) e o Castelo de La Palma | © Irene Picallo Doce

V. Vivir da ría. O mariscador fronte á industria

A polémica planta regasificadora, Reganosa | © Irene Picallo Doce

A polémica planta regasificadora, Reganosa | © Irene Picallo Doce

“A ría é nosa e non de Reganosa”. Esta frase leva anos resoando nas rúas de Ferrol e seguirá gravada nas paredes. A cidadanía segue a loitar contra a planta de gas desde que era un mero proxecto. Asociación Cultural Fuco Buxán é unha das plataformas máis críticas na comarca coa planta. No ano pasado 2013, acumulábase un total de dez sentenzas, todas favorables a Reganosa, e once contando coa senteza do Tribunal Superior da Unión Europea que ratificou as anteriores. A regasificadora devolve auga á ría a unhas temperaturas mínimas que causan a morte dalgúns seres vivos. Ademais, pon en perigo a seguridade de toda a comarca, pois os resultados dunha explosión arrasarían coa poboación.

Un mariscador faena ó lado do paseo de A Malata | © Irene Picallo Doce

Un mariscador faena ó lado do paseo de A Malata | © Irene Picallo Doce

Foto de portada: Irene Picallo Doce.