Cando aprender se transforma nun tipo de loita

Reivindicar non é só ir a unha manifestación ou asinar unha petición de change.org, senón que hai moitas maneiras de facerse oír. E isto en Coruña sábeno. Tamén son conscientes dos problemas que impiden o soño dunha educación pública eficiente, accesible e de calidade. A asemblea de estudantes que ten como obxectivo defender que ese soño se converta en realidade é UDCenloita. Aínda que tamén se fan eco das peticións do movemento estudantil, a única asociación que non colabora co proxecto é o Sindicato de Estudantes. O resto das organizacións da Universidade de Coruña e persoas non asociadas colaboran dun xeito ou doutro nunha causa común. Pois esta asemblea pretende mostrar a desconexión entre a cidadanía e a Universidade, así como facer algo para cambiar a situación. E así naceu UDCnarúa, unha iniciativa que leva como bandeira a idea de que ensinar e aprender tamén son tipos de loita.

UDC

Este cartel corresponde á xuntanza deste ano. Pois en defensa da dignidade da educación, xa o ano pasado saíron á rúa. Organizaron aulas gratuitas para todo aquel que quixese escoitar. Todo isto para denunciar a crecente dependencia das grandes empresas e bancos, o que impide á Universidade actuar como unha institución pública e autónoma. Tamén para expresar a necesidade dunha maior inversión en I+D+i, porque os orzamentos baixaron un 42% desde 2009, é decir, 1.763 millóns de euros menos. É necesaria “a anulación do Real Decreto/Lei 14/2012 do 20 de abril, que desemboca nunha perda da autonomía das propias Universidades, cada vez máis centralizadas, ademais da infravaloración do profesorado universitario na súa labor docente”, manifestan no seu programa. Estas reivindicacións fixéronse en forma de exposicións sobre diferentes temas sobre dereito, ciencias, socioloxía… As ponencias tiveron éxito porque se implicaron cidadáns ademais de persoas pertencentes ó ámbito universitario.

25 abril

@UDC_gal.

E este ano non quedouse atrás. Aínda que onte o día comezou complicado por culpa do tempo. A choiva imposibilitou as clases que estaban en espazos abertos. Ter que mover as localizacións xerou confusión e algúns desencontros. Por exemplo cando os encargados da seguridade no concello intentaron botalos de alí dicindo que “era un espazo público privado”. Pero o día mellorou conforme ía avanzando. “Algunhas aulas chegaron ata as 40 peronas aproximadamente ou incluso máis, e a cidade notou a  nosa presenza”, conta un dos organizadores de UDCnarúa. Aínda que a afluencia variou motio dunhas clases a outras, os temas tratados eran atractivos e interesantes. “Un achegamento ó feminismo” ou “O sistema penal de menores”, foron algunhas das clases que déronse onte.

Sen dúbida é unha forma orixinal e non violenta de denunciar as problemáticas referentes aos ingresos das Bolsas de Estudos ou ás condicións do Persoal de Administración e Servizos (PAS) e Profesorado Docente e Investigador (PDI). A dificultade ante a falta de orzamentos para as  actividades de investigación, labores sociais ou docencia tamén é un motivo de reclamación. E como non, a derogación da Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE)“onde a finalidade da educación se torna xa non en crear suxeitos autónomos e con conciencia crítica, senón en que se converten en man de obra competitiva ante a saída cara o libre mercado”. Estas reivindicacións aparecen no seu manifesto pero expresar as súas queixas non era o único obxetivo. Senón que con UDCnarúa pretendían tamén “conectar a cidadanía coa universidade, ensinar que estamos activos e que o coñecemento é poder”. Saíron co obxetivo de concienciar a imposibilidade de acadar unha universidade pública e de calidade se non se fai algo. E ó final “déronse situacións máis que bonitas de señores e señoras acercándose a preguntar e acabando nas aulas escoitando e discutindo coma un mais, e iso é o que buscábamos”, segundo informa Brais García.

30 abril

ⒸTamara Formoso.