Sabemos que pasa o 25 de abril na USC?
As eleccións á Reitoría e ao Claustro están cada vez máis preto. En plena primavera asistiremos ao cambio de follaxe da vella árbore que é a USC. Dende Compostimes preguntámonos se as eleccións resultaban interesantes como para saír nunha conversa dun xoves pola noite ou como para que os estudantes saiban quen son Juan Viaño e Antonio Lopez.
Nunha viaxe polo Campus Norte e Sur obtivemos respostas de todo tipo. Dende os que no saben quen é o actual rector ata os que coñecen os programas políticos dos candidatos a reitor falaron connosco. Aínda que algúns dixeron moito sen dicir apenas nada.
Pero non todo é silencio na terra do Reitor. Tamén hai estudantes atrevidos que asisten ás conferencias que anuncia o xornal da USC e que saben o que sucederá o 25 de abril, mesmo algún que semella que será parte nestas votacións. As súas respostas tamén foron interesantes, aínda que algún se confunda e crea que o actual reitor, Casares Long, e o candidato Antonio López son a mesma persoa.
Nos próximos días iremos facendo unha interesante viaxe polas eleccións con entrevistas aos dous candidatos á Reitoría, e artigos nos que se analizará o funcionamiento do sistema electoral da USC ou a opinión dos profesores sobre esta cita.
Vídeos editados por Paula Pérez e gravados por Marta R. Suárez, Aida González, Carlos Rey e Irene Picallo.
Texto: Adrián G. Placer.