Os machetes da vergoña

Numerosas guerras fratricidas, dende España ata os Balcáns. Dúas Guerras Mundiais, Hiroshima, Nagasaki, Auschwitz-Birkenau, os berros dunha nena que corre bañada en napalm e algunha que outra intervención de paz… Malia os innumerables avances que cambiaron por completo o noso xeito de entender o mundo, o século XX pasará aos arquivos coma un dos máis cruentos da historia recente. O pasado domingo, as imaxes dos informativos traían de volta unha masacre que, en pleno auxe da televisión, aconteceu de costas ao mundoA mediados dos noventa, Ruanda foi testemuño do último gran xenocidio deste século; o aniquilamento por parte dos hutus da etnia tutsi.

Un dos principais erros á hora de falar do xenocidio ruandés é reducir os feitos a unha mera cuestión de carácter étnico. O poder que no pasado outorgaran os belgas aos tutsis e o afán de mando de cada bando foron sen dúbida cruciais, pero só son a punta visible do iceberg.

Vaiamos por partes. Ruanda, antiga colonia belga, acadara a súa independencia en 1962. Do mesmo xeito que outros países en igual situación, situouse dende un principio no contexto do Terceiro Mundo. Cargados de optimismo, os pobos autodeterminados loitaban por acadar voz e voto dentro dun sistema que llelos denegaba de raíz. Tristemente, a situación de dependencia e subdesenvolvemento que aínda hoxe atopamos evidencia o fracaso deste nobre obxectivo. Sobra relatar a sarta de prexuízos ao respecto, dos cales parte o sesgo distorsionador da visión occidental sobre o acontecido en Ruanda. Para empezar, un dos principais erros á hora de falar do xenocidio ruandés é reducir os feitos a unha mera cuestión de carácter étnico. O poder que no pasado outorgaran os belgas aos tutsis e o afán de mando de cada bando foron sen dúbida cruciais, pero só son a punta visible do iceberg. A Ruanda dos anos noventa atopábase sumida na peor crise alimentaria da historia da súa independencia. O prezo do café caera nun 50%, o cal reduciu en gran medida os ingresos nacionais en materia de exportacións. No medio desta situación, tiña lugar a pugna pola posesión das terras entre os hutus, de tradición agrícola, e os tutsis, eminentemente gandeiros. A isto cómpre sumar a elevada densidade de poboación presentada nas terras útiles e o medo, fortemente arraigado en ambos bandos.  Mentres que a idea de seren explotados lles quitaba o sono aos hutus, o que os tutsis temían, cada vez máis, era que os eliminasen.O ambiente no país foise tornando cada vez máis tenso, de xeito que o máis mínimo desencadeante tería sido capaz de desatar a traxedia.

James Natchwey -Ruanda 1994

James Natchwey -Ruanda 1994

Foi o magnicidio do seis de abril o encargado de abrir a caixa dos tronos. Nesta data, a morte a bordo dun mesmo avión dos presidentes de Ruanda e Burundi fixo desbordar a situación. A aliaxe da tensión acumulada cun potente sistema propagandístico levou á maioría exaltada hutu ás rúas, coa única intención de  exterminar a veciños, clientes, socios, alumnos, pacientes, mestres, amigos… simplemente, por seren tutsis.

A aliaxe da tensión acumulada cun potente sistema propagandístico levou á maioría exaltada hutu ás rúas, coa única intención de  exterminar a veciños, clientes, socios, alumnos, pacientes, mestres, amigos… simplemente, por seren tutsis.

As rúas de aldeas e cidades enchéronse de sangue, coitelos e machetes. O día seguinte á morte do presidente, a primeira ministra Agathe Uwlingiyimana e os dez soldados belgas da ONU que a custodiaban foron asesinados pola garda presidencial, o que levou á orde de retirada dos cascos azuis, deixando á poboación civil tutsi indefensa. O oito de abril, a Fronte Patriótica Ruandesa lanzou un ataque nos arredores da capital, Kigali.Ó día seguinte, formarase un goberno interino presidido por Jean Kambanda. Cómpre salientar que nas filas do mesmo non se atopaba ningún individuo de etnia tutsi, nin hutu moderado ou persoa de tendencia próxima ao FPR algunha. Nese mesmo día, Francia e Bélxica evacúan do país a todos os seus cidadáns, ignorando á poboación ruandesa, vinculada en moitos casos a empresas da súa interese. A situación de exterminio e masacre arrasará cada recuncho do país, prolongándose ata mediados do mes de xullo, cando a Fronte Patriótica Ruandesa se apodere de Kigali, obrigando ao goberno interino hutu a exiliarse en dirección ao Zaire. Xunto con este fuxirán uns dous millóns de hutus, que darán lugar ao campo de refuxiados máis grande coñecido pola historia, “a cidade dos mortos”. Considérase esta  coma a data final do xenocidio.

Os machetes da vergoña. avesdeprensa.blogspot.com

Os machetes da vergoña. avesdeprensa.blogspot.com

Sen embargo, a versión e a visión que tivo occidente destes feitos virá marcada polo discurso impulsado polos sectores hexemónicos e os estereotipos simplistas fielmente adoptados pola opinión pública. Dende un primeiro momento, o enfoque que os medios outorgaron aos acontecementos desviou a mirada do xenocidio en si, centrándose nalgunhas das súas consecuencias. A evacuación de estranxeiros e unha lixeira mención ás hordas de refuxiados solaparon o protagonismo da brutalidade que estaba a acontecer. Dende o habitual egocentrismo, o mundo presuntamente desenvolvido calificou os feitos como “conflito humanitario”. Sen embargo, a retirada de efectivos á que se procedeu en canto a situación comezou a se agravar non parece de todo unha actitude o bastante consecuente.

Rebaixándo aos ruandeses ao nivel de bárbaros subdesenvolvidos, a comunidade internacional apostou pola cómoda postura do “que se maten entre eles”, sen se tomar en ningún momento cartas no asunto

Ruanda é coñecido coma “O país dos gorilas”, dada a elevada afluencia destes primates no territorio; sen embargo isto admite por outra banda unha segunda lectura, nada respectuosa coa dignidade dos seus habitantes. Rebaixándoos ao nivel de bárbaros subdesenvolvidos, a comunidade internacional apostou pola cómoda postura do “que se maten entre eles”, sen se tomar en ningún momento cartas no asunto. Vinte anos despois, aínda son moitos os cabos soltos. A literatura e o cine poporciónannos pezas historiográficas que nos permiten en gran medida achegarnos aos feitos, o que nunha certa medida compensa as carencias da cobertura xornalística do momento. Actualmente, a paz entre razas no país goza de boa saúde. A memoria e a pegada do acontecido seguen vixentes nun pobo que continúa a loitar polo desenvolvemento e a integración na orde mundial. Con dúas décadas de distancia, cómpre aprender dos erros, dun lado e doutro; dende a pasividade dun mundo alleo ata o sangue que formou ríos. Daquela, Ruanda seguiu, e hoxe, Ruanda segue.