Que bonita está Terbutalina en Compostela

O 7 de marzo, os Terbutalina estiveron en Compostela presentando o seu último disco: A Muerte. Podemos dicir que o nome non minte. Tocaron a morrer, cunhas ganas de festa coas que pronto conquistaron ó público e a nós mesmas. Abriron a noite Demonhigh, estreándose así na mítica sala Capitol.

©Alba Casais Ardao

©Alba Casais Ardao

Chegamos á sala de concertos en busca dos pases de prensa e, coas cámaras preparadas, baixamos ao backstage. Alí estaban reunidos os dous grupos e algún que outro colega como Manuele Caamagno, vocalista de Familia Caamagno. Invitáronnos a unhas cervexas e máis a merendar algo. Sonche así de familiares os Terbutalina. Fixeron unhas cantas bromas e as anécdotas axudaron a calmar os nervios previos ao concerto. O técnico de son, de aquí para alá, ultimaba os detalles para que Demonhigh estrease escenario esa noite.

Os rapaces de Demonhigh, despois dalgúns problemas técnicos, demostraron que o seu garage veu para quedarse. Ao igual que Terbutalina, estaban a presentar disco, do cal xa sacaran un single: Jungla del asfalto. Senra, o vocalista, cunha actitude desafiante, tirábase ao chan enredándose cos cables e falándolle ao público cun ton chulesco e deixado. Tras del, DoCampo, dáballe con ganas á batería e botaba algún que outro coro. Contaban coa axuda dun segundo guitarra.

Senra enredado no chan | ©Ada Seoane Alló

Senra enredado no chan | ©Ada Seoane Alló

DoCampo dos Demonhigh | ©Ada Seoane Alló

DoCampo dos Demonhigh | ©Ada Seoane Alló

A dose de Terbutalina foi moi esperada polos alí presentes. Quixeron comezar dun xeito formal, ou tamén pode ser que lles viñera en gana probar o telón da Capitol. O gran pano vermello deixaba entrever ao grupo…e alí estaban, Ben Peinados, e dispostos a dalo todo. O ambiente quecía cada vez máis. A xente brincaba e berraba. Os da primeira fila botábanse por riba da vaia e chegaron a bañar con cervexa a Miguel, o vocalista, cousa que pareceu motivalo aínda máis. Entrelazaba as cancións con frases do estilo: “Hai alguén aí?”, “Baila Compostela!”, “Que levante a man quen non está imputado”. Xa achegándonos ao final do espectáculo, as luces brancas parpadeaban freneticamente e cortaban a escuridade do ambiente, fulminando os nosos obxectivos e aceleraban coa súa estroboscopia os movementos de cada un dos presentes.

Mon Terbutalino | ©Alba Casais Ardao

Mon Terbutalino | ©Alba Casais Ardao

Migui de Terbutalina | ©Alba Casais Ardao

Migui de Terbutalina | ©Alba Casais Ardao

Samu de Terbutalina |©Alba Casais Ardao

Samu de Terbutalina |©Alba Casais Ardao

Brais de Terbutalina | ©Ada Seoane Alló

Brais de Terbutalina | ©Ada Seoane Alló

Carlos Terbutalino | ©Alba Casais Ardao

Carlos Terbutalino | ©Alba Casais Ardao

©Ada Seoane Alló

©Ada Seoane Alló

Eles saben o que din “vas de 0 a 100 en cero coma”, pero neste concerto comezaron como mínimo a 90 por hora ata facer estoupar o velocímetro. Comezaron a tope e remataron a muerte.

A fin do concerto | ©Alba Casais Ardao

A fin do concerto | ©Alba Casais Ardao

©Ada Seoane Alló

©Ada Seoane Alló

©Ada Seoane Alló

©Ada Seoane Alló

Se non volos queredes perder e queredes intentar vivir (ou revivir) a experiencia, tédelos o día 4 de abril na Super 8 de Ferrol e o 10 de maio na Mardigras da Coruña.

Texto e fotografías por Alba Casais Ardao e Ada Seoane Alló.