Das cinzas do trench renace o fénix da gabardina
Pode que fora a derradeira portada da mítica Vogue a que actuou coma revulsivo para este artigo. Aí, impúdica e ousada plántasenos diante dos fociños unha gabardina… perdón, “trench”. Algo sucede con esta prenda, algún oversized coat debeulle de botar o mal de ollo, porque, por moito que saia nas portadas das revistas, que campe por todas cantas fashion weeks se celebran e que colgue das perchas das nosas tendas preferidas… Hai algo nela que produce unha especie de sarabullo.
En Modas e modismos xurariamos que todo isto comezou no momento en que á gabardina de toda a vida se lle comezou a chamar “trench” (trench, trench, trench… agh! dan arrepíos so de oílo!). Esa connotación super-fashionísima-divina-de-la-muerte que lle da o termo anglosaxón fai que as gabardinas perderan o seu glamour desenfadado para converterse na prenda de cabeceira das fashionistas máis desagradablemente primorosas do panorama. E isto non lles fai xustiza; unha prenda tan emblemática, tan atemporal, con tanta clase, merece unha consideración menos desafortunada no noso fondo de armario; así que a ver se con este artigo, queridas lectoras, lle damos unha volta de rosca ao asunto e vemos as gabardinas con outros ollos!

Portada Vogue xaneiro 2014
vogue.es
Na pasada tempada de outono-inverno, a británica Burberry Prorsum declamou un grandioso manifesto en pro da súa prenda máis representativa, dándolle unhas interpretacións diversas e sorprendentes:

Burberry Prorsum outono-inverno 2013-2014
vogue.es

Burberry Prorsum outono-inverno 2013-2014
vogue.es

Burberry Prorsum outono-inverno 2013-2014
vogue.es

Burberry Prorsum outono-inverno 2013-2014
vogue.es

Burberry Prorsum outono-inverno 2013-2014
vogue.es
Aínda que non foi a única, Rodarte ou Calvin Klein Collection entre outros tamén fixeron uso da famosa estrutura de dobre abotuadura.

Rodarte outono-inverno 2013-2014
vogue.es

Calvin Klein Collection outono-inverno 2013-2014
vogue.es
Coas coleccións de prefall recentemente saídas do forno, sería unha mágoa non examinar de que xeito se sitúa a gabardina no medio de tanto perfecto e tanto coat.
The Row debúxaa ampla e minimalista.

The Row prefall 2014
vogue.es

The Row prefall 2014
vogue.es
Donna Karan en branco.

Donna Karan prefall 2014
vogue.es
Michael Kors cun curioso volante lateral.

Michael Kors prefall 2014
vogue.es
Lanvin interprétaa en clave sensual.

Lanvin prefall 2014
vogue.es
E Stella McCartney xoga coa estrutura partida.

Stella McCartney prefall 2014
vogue.es

Stella McCartney prefall 2014
vogue.es
Entre as it girls e celebrities tamén podemos atopar algún exemplo. En primeiro lugar, a risco de que os innumerables admiradores da vítima nos apedreen, un contraexemplo: Chiara Ferragni. O que fai ela co seu trench é o que provocou que as gabardinas choraran desconsoladas nun recuncho. O voo da parte de abaixo, a hipercalculadísima posición do cinto ou das mangas e ese aire que ten ela de rapaza de catálogo, destrúen a maxia dunha prenda que non foi pensada para quedar monísima-de-la-muerte.

Chiara Ferragni
lostinvogue.com
Non obstante, é perfectamente posible levar unha gabardina moi estruturada e ao tempo permitirlle que conserve o seu aire lixeiramente masculino e casual, coma no caso de Anna Dello Russo.

Anna Dello Russo
styleandlifestyle.com
A sempre idónea Alexa Chung.

Alexa Chung
elle.es
A conservadora pero acertada Olivia Palermo.

Olivia Palermo
stylebistro.com
Ou unha non sabemos se espida baixo a gabardina Kate Moss.

Kate Moss
glamourmagazine.co.uk
Hai outra facción de usuarias da gabardina que apostan por un porte algo máis desaliñado, e tamén máis difícil de conseguir, xa sexa pola forma da gabardina ou de combinala.

Kate Bosworth
aviewfromgheshade.blogspot.com

Emmanuelle Alt
maydele.blogspot.com

Charltotte Gainsbourg
marieclaire.fr

Elin Kling
pinterest.com

Jessica Hart
rdujour.com

thesartorialist.com
Pero desde logo, as mestras do desaliño-gabardiniano son Natalie Off Duty:

Natalie Off Duty
denimtherapy.com

Natalie Off Duty
fashionindie.com

Natalie Off Duty
natalieoffduty.com

Natalie Off Duty
internationalstreetstyle.com
E a icónica Leandra Medine:

Leandra Medine
pinterest.com

Leandra Medine
le-21eme.com

Leandra Medine
pinterest.com
Como propostas, a ver que vos parecen as seguintes:

Zara
De 59,95 a 49,99

Cortefiel
De 149 a 89,99

Cortefiel
De 149 a 89,99

Massimo Dutti
125

Mango
59,99

Purificación García
De 185 a 93

Aryn K Waterfall a través de Asos
De 231,76 a 112,37

Bolzoni & Walsh a través de Asos
De 456,50 a 132,73
Ata aquí o artigo de hoxe! Que opinades? Tedes tamén unha especie de xenreira cara os trenchs? Credes que podedes darlle unha oportunidade á gabardina?
Ata a próxima!
Imaxe destacada: vogue.es