A montaña rusa de Luis Enrique

Dezanove puntos en dezanove xornadas. Un equipo fóra do descenso. Cinco vitorias, catro empates e dez derrotas. Ese é o saldo do Celta de Luis Enrique na primeira volta. Números pobres pero que nunha liga onde tres equipos apuntan ós cen puntos poden ser válidos para acadar a salvación. Os vigueses firman unha primeira volta de aprobado raspado, cun xogo e cunha traxectoria que por momentos recordan a unha montaña rusa.

O Celta aposta todo en cada encontro. Ataca para gañar, pero ás veces as cousas non saen como espera e remata claudicando ante a banca. Firmar as táboas costa, e máis nos últimos encontros, xa que o resultado pasa por estar atinado nas dúas áreas. Na contraria o Celta está sobrado de calidade, pero na propia remata pagando a súa falta de contundencia. O casino tamén inflúe no xogo do Celta. Canto mellor sexa o escenario mellor é a actuación, xa que os nervios pasan factura nas mesas da propia liga. E nos focos de Balaídos, aínda máis.

O casino tamén inflúe no xogo do Celta. Canto mellor sexa o escenario mellor é a actuación, xa que os nervios pasan factura nas mesas da propia liga. E nos focos de Balaídos, aínda máis.

Tralos bandazos iniciais parece que Lucho xa atopou un once de gala co que saír a xogar. Nese once introduciu dúas bazas positivas: Orellana e Jony. Os dous conseguiron asentarse e superar a varios xogadores que en principio parecían por diante da súa posición, xa que eles estaban fóra do equipo. Pero tamén aparecen dúbidas como a suplencia de Nolito, un home chamado a ser decisivo neste novo Celta ó comezo de campaña. Porén, o gaditano está sendo xunto con Krohn Dehli e Santi Mina (outra sorpresa agradable) un dos revulsivos para as segundas partes.

Orellana e Jony, de descartes e titulares habituais - ©Moi Celeste

Orellana e Jony, de descartes a titulares habituais – ©Moi Celeste

Na parte positiva debemos destacar o xogo. Lucho propón un estilo alegre e atractivo para o espectador neutral e para o propio cando as cousas saen ben. Porén, o Celta tamén perde o control en moitas ocasións, o que fai dos partidos dos celestes unha auténtica montaña rusa. Por iso, os encontros están cargados de ocasións e a puntería remata por desequilibrar a balanza. E aí o Celta moitas veces perde todo o que merece. A aposta de Luis Enrique no Bernabéu, pola crueldade final, pode ser o claro exemplo disto.

Catro cousas debe corrixir o Celta se quere conseguir unha salvación tranquila, como o sábado imaxinaba o seu adestrador na rolda de prensa posterior ao partido do Valencia. A primeira é aumentar a súa fiabilidade defensiva. Para iso a contundencia e redución de erros deben ser claves. Tamén evitar bandazos, pero iso parece claro unha vez que Luis Enrique atopou a súa defensa tipo. En segundo lugar aumentar a efectividade en ataque. O Celta xera moito, pero non sempre acaba rematando os partidos cando pode. Despois, evitar as desconexións do equipo cando recibe un gol en contra ou unha expulsión. Existen varios exemplos disto que remataron por custar partidos clave ao equipo. Por último, facerse fortes en Balaídos. Demasiados puntos voaron de Vigo ante equipos da zona baixa e iso nunha segunda volta onde todos apertarán non se pode permitir.

Catro cousas debe corrixir o Celta se quere conseguir unha salvación tranquila: fiabilidade defensiva, maior efectividade en ataque, evitar desconexións e facerse forte na casa

O Celta comeza en Cornellá a segunda volta da súa montaña rusa. Non se esperan grandes cambios, nin no xogo nin no equipo. Cada sete días o celtismo apostará todo nunha mesa de póker onde pode que a moeda caia de cara ou de cruz. Porén, unha boa xeira pode ser decisiva para que o equipo de Lucho chegue a fin de curso sen ter demasiado que apostar. Tendo en conta que os exames finais serán ante Real Madrid e Valencia sería un elemento necesario. Para elo Luis Enrique pediu reforzos. Quizais, porque con algunha nova baza sempre hai máis posibilidades de ser o rei da mesa cada fin de semana.