Memorias dunha megalópole (a cara oculta de Tokyo)

Xapón Censurado

Pero tío! Que fas en Xapón se a ti non che gusta o anime ou o manga?

Espertei no medio de Tokyo nun tren repleto de ollos resgados que dirixían as súas desconcertantes miradas ao único gaijin en todo o convoi. O peor pesadelo para un norteamericano nos anos 40 que probablemente acabaría en peores circunstancias ca min. E é que 60 anos despois esas miradas seguen existindo dentro dun contexto completamente diferente. Ti, que es a estrela, o que saúda aos descoñecidos, o que sorrí á xente e é correspondido cun leve xesto tímido consegues desviar o seu ollar cara o chan. E eles, que conviven ca modernidade da súa tecnoloxía mesturada con altas doses de occidentalismo, tratan de atopar o equilibrio entre a tradición da cultura nipona e a globalización. Tarefa complicada para un país que tivo complexos procesos de reconstrución logo da segunda guerra mundial e cuxo resultado deste cóctel foron os movementos culturais Otaku ou Visual Kei que baixo os nosos ollos occidentais segue a ser unha movida moi friki. Esta balanza repítese en todos os aspectos do imperio do sol nacente, cheo de complexos e tabús que contrastan cos bizarros comportamentos, as noites desenfrenadas e o punto máis importante: o sexo e a moral da sociedade xaponesa. É moi raro ver unha parella bicándose no metro, indo da man pola rúa ou amosando os seus sentimentos en público, mais que un señor duns 50 anos lea un hentai mentres vai no metro non se considera algo reprochable.

Era luns e aínda me duraba a resaca do fin de semana. Faltar a clase era mester e como hai unha gran libraría a unha estación da miña casa que ten xornais e revistas internacionais decidín ir. Nunca me dera conta até ese día do que tiñan alí, ao lado das revistas e cómics, ao alcance de calquera. Mentres estaba a ollar uns magazines de música advertín que no estante ao meu carón podíase avistar moita cor carne. Atopei ca miña mirada unhas fermosas pernas con calzas dunha rapaza en uniforme escolar, unha debilidade que xa é un clásico entre os varóns de todo o mundo. O caso é que cando conseguín concentrarme na imaxe que estaba a ver dinme conta de que, axeonllada, a rapaza estaba a lamber o pomo dunha porta. Si señor, un libro enteiro dedicado a femias (en gran parte maiores de idade) fotografadas en poses suxestivas, relaxadas, con diferentes vestimentas dependendo do gusto do consumidor e por suposto a parte máis importante: os pomos.

pomoNon é a primeira vez que escoito falar sobre as famosas fellatĭo-pomos-de-portas en Xapón, mais ás veces Tokyo dache este tipo de sorpresas nas que te atopas cunha colección enteira de rapazas suplicando que lles abras a porta dun xeito bastante singular. E é que esta cidade está chea de perversos segredos e como teño que comezar por algunha parte que menos que falar do máis que coñecido hentai. Quen non pode coñecer o buque estandarte nipón da pornografía xunto co bukkake? Ese mundo onírico, ao igual que o anime na súa versión porca, no que as fantasías máis escuras dos xaponeses fanse realidade. Cunha linguaxe máis obscena, personaxes grotescas, monstros, colexialas e doces monecas con protuberantes seos practican sexo extremo. Aínda lembro cando de cativo che pasaban por bluetooth algún gif de hentai ao móbil e xa tiñas abondo como onanista preadolescente! E semella que os xaponeses tamén, porque o individualismo no sexo que sofren non é cousa da idade e en gran parte vese reflectido con este tipo de debuxos. Afortunadamente non todo o Xapón é así, mais gran parte da mocidade nipona prefire o pracer propio e cre que as parellas supoñen un problema nas súas vidas persoais. Como pode ser que este contacto individual ca animación substitúa á realidade física?

Baixei na parada da universidade e atopei a unha compañeira que respondía ao perfil á que non dubidei en interrogar. Sempre saudaba e falaba bastante fluído o inglés.  “Por que somos así? —respondeu cunha pregunta ao máis puro estilo galego— Porque somos seres humanos, temos sentimentos e na cultura nipona non podemos expresalos dun xeito normal. Podemos amar, ter sexo, amigos ou beber descontroladamente un día normal. Mais moitos non queremos. Preferimos vivir nunha burbulla virtual, onde todo é perfecto e non lle temos que demostrar a ninguén nada. Non me sinto soa, coas miñas cousas o meu mundo é perfecto. Non preciso máis”.

Gran parte da mocidade nipona prefire o pracer propio e cre que as parellas supoñen un problema nas súas vidas persoais

lolita pastelA eles non lles importa e á sociedade tampouco. Ao saír da estación reflexionei sobre os diferentes atavíos que levan algúns destes espécimes, e se antes cualifiqueinos de unha movida moi friki agora mudareino por sexy. Coma sempre, dun xeito incorrecto xa que para a maioría delas trátase dunha vestimenta coa que se senten máis inocentes, coma se tivesen unha eterna xuventude, un síndrome de Peter Pan que obviamente malinterpretamos e ao que lle atribuímos connotacións sexuais. Pois ben, como a industria deste tipo, ademais dos cómics e animacións xa as coñecemos todos darei un paso máis.

O espírito lolita e o hentai sumado a esta visión sensual por parte dalgúns sectores da poboación propiciou un tipo de pornografía un tanto controvertida debaténdose entre o ilegal e o legal. Unha fina liña separa ao que pretenden ser uns simples debuxos coa pornografía infantil: o lolicon. Unha mente pura e casta con certos valores morais sairía moi malparada en certos lugares preguntándose a si mesma: “pero…isto é legal?”.

Nun sex shop calquera podemos darnos conta do inmenso surtido de xoguetes para o pracer individual, masculino maiormente, que xoga con estes límites da realidade co hentai e o lolicon.

xoguete pedófilo1

Por uns 40 ou 50 euros podemos facernos cun masturbador masculino cunha forma determinada, escoller a cavidade vaxinal e a idade da rapaza en cuestión. Mercamos o anaco de plástico e a nosa imaxinación fará o resto, iso si, con axuda dunhas ilustracións bastante explícitas e unhas mostras dos aparellos en cuestións partidos á metade para que poidamos ver o interior do noso xoguete. Senón é suficiente podemos mercar un manga lolicon no que atoparemos a nosa fonte de inspiración. Todo é válido. Todo é legal. Sexo explícito con menores de idade en diferentes contextos, facendo fincapé na inocencia das implicadas e cuxas imaxes non é posíbel amosar aquí por razóns obvias.

Neste mercado abundan tamén os filmes pornográficos que non che deixan ver todo completamente por mor da censura. Os malditos píxeles, coma sempre di un amigo toquiota meu. Algo que un non logra entender cando ve este tipo de cousas ao alcance de calquera e logo non pode nin tan se quera ver unha simple penetración con claridade no seu salón nunha pantalla de alta definición de 50 pulgadas.

xoguete pedófilo2

Xogar cas fantasías máis nabokovianas neste tipo de áreas constitúe un delito na maioría dos países occidentais e produce un efecto de rexeitamento automático na nosa sociedade. Que é o que acontece en Xapón para que isto sexa diferente? Proximamente.