Inconformismo

IMG_9670

Hoxe erguinme inconformista. Mirei ó meu arredor pero nada cambiara, seguía absorta na historia de sempre. Atópome día tras día na inconsciencia de buscar un medio para non sei que fin. Din que a miña obriga é tomar un determinado camiño, pero na maioría dos cruces hai un Stop ou un Ceda que beneficia ó que se move nunha vía con preferencia(s).

Esta rutina mundana está exposta ó fracaso. As cousas non se fixeron ben.
Esixo que a raza humana deixe de multiplicar a súa especie
e se humille.