Muller rural

IMG_1609 (2)Desde 2008, todos os 15 de outubro celébrase o Día Internacional das Mulleres Rurais. Recoñécese así, segundo a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, “a función e contribución decisivas da muller rural, incluída a muller indíxena, na promoción do desenvolvemento agrícola e rural, a mellora da seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza rural”. O pasado martes Josefa levantouse como todos os días para coidar do cultivo e o gando. Non recibiu ningún aplauso. Coma unha auténtica encantadora de serpes fai que as cabaciñas medren de tal xeito que o nome en galego desta hortaliza quede á altura do chiste.