Hard candy (coat)
Xa vai chegando o momento de abordar de cheo a nova tempada… Aínda que o outono comeza oficialmente mañá, as publicacións de moda levan un mes proclamando a fin do estío; pero en Compostimes imos ao ritmo do hemisferio norte. Imos hoxe cunha tendencia que de seguro á meirande parte de vós lle resulta de sobra coñecida, a dos candy coats. O rosa pálido ameaza con pegar un salto vertixinoso do algodón de azucre á percha que ocupa actualmente a maldita parka verde. Comezamos!
Unha proposta de Céline, que xa o ano pasado deixou caer varios modeliños de trenkas e abrigos en tons pastel:

style.com
Jonathan Saunders, conservador no corte:

style.com
Un modelo de Honor:

style.com
Temos tamén a versión astracán de Miu Miu:

sparklestyle.co.uk
Cruzado, de Mulberry:

fashionbite.co.uk
Tamén hai versións do máis pastelosas, coma esta de Paul Costelloe:

uk.lifestyle.com
Ou esta da pre-colección de outono de Valentino:

vogue.com
Temos tamén este marabilloso chaquetón de Roksanda Ilincic (creo que tiven que ler o nome coma dez veces):

fashiontelegraph.co.uk
E incluso se pode levar só cunhas preciosísimas medias de cristal, coma este de Sonia Rykiel:

fashionmagazine.com
Moi desenfadado é este da pre-colección de Rochas:

thegossipwrapup.com
E moito máis lady este de Simone Rocha:

susanaypina.blogspot.com
Pero a cousa non remata no rosa, se queredes innovar un pouco podedes optar por unha prenda azul claro ou celeste, que probablemente sexa menos difícil de combinar…
De novo, Jonathan Saunders:

styloko.com
Aquí unha mostra da colección de Emilio Pucci:

lyst.com
Outra vez Roksanda Ilincic (non deixo de preguntarme por que non versionou o seu nome para que fora pronunciable en polo menos dous idiomas):

editrixintraining.blogspot.com
Con pescozo de astracán e pata de galo, unha peza de Gucci:

style.com
Carven non escatimou en pastelización:

styloko.com

styloko.com
De novo Sonia Rykiel, na súa liña bata de casa + medias, pero esta vez, con sandalias (a modo de chinelas):

style.com
Unha peza brocada de Giambattista Valli:
style.com
E o último abrigo azul de pasarela da man de Valentin Yudashkin:

style.com
E para as máis atrevidas, temos o amarelo pitiño!
En primeiro lugar unha peza da pre-colección de Cédric Charlier:

thefashionsection.com
Aquí un abriguiño de Paul Costelloe:

whatshewears.ie
Novamente Céline:

blogthedaydreamer.blogspot.com
E por último unha peza con reminiscencias 80’s de Iceberg:

style.com
Entre as nosas it girls parece que a tendencia vai callando; de primeira, Julia Sarr Jamois, que combina o abrigo rosa cun bolso indescritible e uns pantalóns e oxford masculinos:

graziadaily.co.uk
Kate Moss, co seu encanto natural, adhire a este fabuloso abrigo uns vaqueiros rotos e unhas botas cowboy de Isabel Marant:

shefinds.com
Hanneli Mustaparta, que opta pola discreción no resto do look:

hanneli.com
De novo Julia Sarr Jamois, que fai unha marfallada:

secret-hipster.blogspot.com
Nicole Warne de Gary Pepper:

somewearstyle.com
Unha extremadamente casual Caroline de Maigret nun abrigo amarelo con relevo:

tumblr.com
Tampouco a sofisticada Kate Bosworth deixou pasar a onda:

dailymail.co.uk
E por último Miroslava Duma nunca curiosa reinterpretación do ovo cocido:

desdeelfrontrow.com
O certo é que pese á conxestión fashionista que están a producir os candy coats, pouco hai polo de agora no mundo dos mortais ou low cost:
Zara:

zara.com
149€

zara.com
49,95€
Topshop:

topshop.com
127€

topshop.com
115€

topshop.com
115€
Ata aquí o artigo de hoxe! Gustouvos? Animádesvos con un? Compartide as vosas sensacións!
Ata a próxima!
Imaxe destacada: desdeelfrontrow.com