Patchwork jeans
Despois de mercar magazines varios do mes de setembro (sempre me sorprendeu isto de que a día 20 teñamos publicacións do mes seguinte…) cos seus correspondentes suplementos de coleccións e devoralos coma se de bolos preñados regalados nunha romaría estival se trataran, teño unha gana inmensa de falarvos de botas de cana infinita, abrigos pastel, cortes estruturados… PERO, creo que debo conter o meu impulso animal, porque estamos a 22 de agosto e queda moito verán… Co que tardou en chegar sería unha falta de delicadeza despedilo xa a finais deste mes. Así pois, falaremos hoxe dunha tendencia que pasou algo inadvertida nas páxinas destes aditivos coleccionables: o patchwork nos jeans; pero non calquera patchwork, non ese máis naif con estampados étnicos nas solapas da chaquetiña vaqueira, non ese tímido recorte adherido preguiceiramente ao peto de gardar as moedas do short… Nin sequera a ese algo máis desaliñado que xa fixo furor a tempada pasada, e que pretende seguir polo menos ata a primavera do 2014, que mestura irreverente distintos tons de vaqueiro:

bloomersis.com

jeffreycampbellshoes.com

tumblr.com

the-northernlight.com

zara.com
29,95
NON. Imos falar do verdadeiro patchwork no pantalón vaqueiro, ese que nada ten que envexar ás rodilleras que nosas nais se afanaban en adherir a golpe de prancha a eses pantalóns que tiñan que durar todo o inverno… Era importante falar del antes de que fora demasiado tarde… E xa estivera demasiado estendido como para mencionalo… Ou desaparecido e relegado ao esquecemento xunto cos zocos ou as bermudas.
O certo é que hai moi pouco material visual pola rede que recolla esta tendencia, así que aquelas ás que vos guste, estades de sorte, ides ser completamente pioneiras!
Phillip Lim opta na súa colección de outono inverno para o 2013 e 2014 por abundantes stickers de todas as formas e cores:

flickr.com

nowfashion.com
O imperio de Amancio xa se deixou sentir con dúas prendas en Zara; uns pantalóns longos e unha saia polos xeonllos, ambos de 39,95 euros:

zara.com
39,95

zara.com
39,95
E tamén con estes shorts en Pull&Bear:

pullandbear.com
25,99
Pero se de verdade queredes dar o cante, nada mellor que inspirarse en dúas coleccións de Junya Watanabe. Estas dúas primeiras fotos correspóndense coa colección cápsula para Loewe:

neo2.es

rude-magazine.com
E estas tres son propiamente da súa colección, que sacou en París para este inverno:

indiatimes.com

vogue.fr

nowfashion.com
Como xa dixemos, pouco hai polo de agora desta guisa, tanto para ollar como para mercar… Pero non pasa nada! Se hai un do it yourself sinxelo… É este!
Que opinades desta tendencia? Está condenada a morrer ou augurádeslle un futuro prometedor? Compartide as vosas opinións!
Ata a próxima!