Cara a cara: arredor do 6,5
¿Qué diferencia a un alumno con una media de 6,4 y a otro con una media de 6,6? A efectos prácticos nada. Terminando sus estudios con notas como esas, ambos tendrán prácticamente las mismas posibilidades de lograr un buen puesto de trabajo o de continuar sus estudios con un posgrado. De hecho, tanto en el primer caso como en el segundo, pueden ser las actividades extracurriculares aquellas que determinen la entrada de un alumno o de otro en un mismo máster o en un mismo empleo; y estás no aparecerán en el expediente académico. Esto refleja la arbitrariedad y el escaso realismo con el que José Ignacio Wert ha decidido sacar adelante este nuevo requisito para recibir una beca.
Tan arbitrario es nuestro ministro que la norma obvia por completo cuál es la media a nivel estatal, autonómico o por facultades; de los alumnos que cursan diferentes grados. ¿Acaso es justo que un alumno sea excluido de una ayuda para continuar sus estudios cuando la media de su facultad puede estar por debajo del 6,5? ¿Acaso son comparables las medias en grados totalmente diferentes en contenido y futura orientación laboral? Evidentemente no. Algunos podrán afirmar que existen ciertas carreras donde debido a la facilidad no se debería becar a alumnos con una media inferior al 6,5. En todo caso, algo así lo que reflejaría es la mala planificación de los planes de estudios o del trabajo docente. Si de verdad queremos mejorar la eficiencia en la universidad española apostemos por cambiar los sistemas de contratación del profesorado y sus incentivos laborales, el funcionamiento de los departamentos de las facultades o el infinito papeleo de la administración; en lugar de culpar al usuario. Al final, el universitario es un usuario de un servicio público y tiene el derecho a demandar la calidad de una educación que pagará el día de mañana y que previamente pagaron sus padres.
El usuario no puede ser culpable y víctima al mismo tiempo, puesto que una educación deficitaria no solo le cuesta dinero al Estado sino que también le afectará a él en su futuro
La educación universitaria debe de ser algo atractivo y que genere incentivos al estudiante. Donde su trabajo refleje verdaderamente su esfuerzo y donde el resultado es mucho más que una nota. Esa es la auténtica eficiencia y justicia. Dejando excluido a este alumno por falta de recursos sus padres seguirán pagándole la educación a otros, mientras que sus propios hijos no podrán acceder a ella; especialmente en los tiempos que corren. Aquellos que quieran mejorar la universidad afrontarán el problema con unas miras más amplias. El usuario no puede ser culpable y víctima al mismo tiempo, puesto que una educación deficitaria no solo le cuesta dinero al Estado sino que también le afectará a él en su futuro. ¿Cómo podemos tildar de “vagos” a jóvenes que tienen que soportar un sistema ineficiente y con personal que no tiene por qué rendirle cuentas a nadie, mientras que se protege entre sí? Cuando el sistema funciona mal no podemos culpar a los que lo usan, sino que debemos cambiarlo. Además, necesitamos cambios en áreas ajenas a la educación. Debemos modificar nuestro sistema de recaudación de impuestos y declaración de la renta para acabar con todos aquellos que estafan al Estado con becas y ayudas que no necesitan, ya que por ahí sí que perdemos dinero. El problema de las becas no es más que un reflejo de las verdaderas catástrofes estructurales de nuestro Estado.
Con cada alumno que dejará sus estudios por falta de ayudas, o que no podrá acceder a ellos, Galicia y España desperdician una inversión de futuro. Desaparece una persona mejor formada y con más garantías de generar conocimiento y riqueza. Medidas como esta nos harán perder la oportunidad de tener un futuro mejor mientras que acabamos con la igualdad de oportunidades.

© Charlie Peartree
Para que serve a universidade? Aínda que poida parecelo, esta non é pregunta baladí, do tipo “a que huelen las nubes”. Hai que cuestiona-la utilidade real da universidade antes de comezar a debater sobre os xeitos de acceder a ela. É un asunto moi profundo e que posiblemente exceda do que imos tratar neste humilde cara a cara, mais neste caso cómpre falarmos da súa utilidade á hora de entrar ó mundo laboral. Todo o mundo que pasa catro, cinco, oito anos facendo unha carreira e os seus correspondentes anexos espera poder obter un traballo de aquilo que estudiou (se é que non se arrepinte polo camiño da disciplina escollida).
Un estudante de informática, por exemplo, escolle esta carreira porque pretende que, se unha empresa busca un informático, o contrate a el antes ca a alguén que non ten o título. Así de sinxelo: estudamos unha carreira porque queremos ter algo que nos diferencie do resto de seres humanos. A carreira de Física vale para algo porque hai poucos físicos. Se o 40% da poboación galega tivese un título de Física, este pasaría a ser un papel sen ningún valor e o tempo invertido en obtelo volveríase, automaticamente, tempo perdido. Así pois, chegamos á primeira conclusión da mañá, tarde ou noite (segundo cando esteas lendo o artigo): un título universitario vale menos canta máis xente o posúa.
Pensemos: se ter un graduado en (escribe un grao calquera) fose algo bo per se, polo feito de ter un papel acartonado grande coa sinatura do rei… por que non rebaixamos o nivel aínda máis e lle concedemos, por exemplo, un título en Enfermería a tódalas persoas que rematan un bacharelato científico mais un curso sobre os fundamentos da Enfermería? Seriamos un país cun 70% de titulados universitarios e José Ignacio Wert podería pasear polo mundo co peito inchado cual toro bravo. Pero nin baixaría o paro, nin a sanidade sería mellor, nin o título de Enfermería valería absolutamente para nada. Ó instante, alguén montaría un Máster en Enfermería (póñalle un apelido) para distinguir ós mellores de entre eses enfermeiros.
Inferimos logo que hai que establecer un criterio para a entrada á universidade, que pode ser ora económico ora por méritos. O económico é sinxelo: pode acceder á educación superior aquel que a pode pagar. Hai unha unanimidade case total en que este criterio é profundamente ineficiente, pois os graduados que sairían da universidade non serían aqueles con máis aptitudes, senón aqueles cuxos pais teñen máis cartos. O outro criterio implica que poida facer unha carreira aquela persoa que faga máis méritos para conseguilo, é dicir, quen demostre na universidade unha maior habilidade para facer aquilo ó que se quere adicar nun futuro.
Como, cando o cancro veña a visitarnos, todos queremos que o oncólogo sera o mellor que haxa e non o que teña o Rólex máis bonito, imaxino que todos estaremos de acordo en que un bo candidato a médico non debe deixar de cumpri-lo seu soño por non te-los recursos suficientes para costea-la carreira.
Aí entran en xogo as bolsas, un mecanismo indispensable para axudar a que o filtro para facer unha carreira sexa meritocrático e non económico. Cal é o problema? Que os cartos para bolsas son limitados e hai que repartilos. Imaxinemos nun país ficticio hai 100.000 euros para bolsas e 1.000 estudiantes que non se poden paga-la carreira (deixamos de lado os xa consabidos problemas de que reciban bolsas estudantes que teñen na casa pantallas de plasma ata no baño e demais picarescas fiscais que non veñen ó caso). A opción A é moi semellante a que se está levando a cabo hoxe en España: 1.000 euros para cada estudiante e a vivir. Problema? Que 1.000 euros non abondan xamais para pagar unha carreira, menos aínda se é fóra do fogar familiar. Haberá, pois, fantásticos biólogos, marabillosos historiadores e grandes avogados que se quedarán para sempre en nasciturus porque a súa bolsa non abonda, e outros estudiantes mediocres ós que os 1.000 euros, xunto cos cartos que, con moito esforzo, poñan mamá e papá, lles paguen unha carreira cunha media de 5,1. Amais, o “café para todos” perpetúa esa masificación da Universidade que, como xa aleguei no primeiro parágrafo, lle quita absolutamente todo o valor ós estudos universitarios.
A xente que quedaría sen bolsa debería buscar outro ámbito onde si poida ser do mellor 20%
A opción B é outorgar bolsas de 5.000 euros a 20 estudantes, os que teñan menos cartos. Problema? Que ese 20% con máis necesidades non sempre é o 20% dos mellores futuros profesionais no seu ámbito (estamos presupoñendo que unhas boas notas implican que tes talento para o teu campo de estudo, aínda que non sempre se cumpra). Quedará fóra un 80% con algo máis de recursos pero, aínda así, insuficientes para pagarse uns estudos universitarios. Un bo amigo, por exemplo, cunha media que supera o 8,5 na súa carreira, quedou sen bolsa por ter unha leira. É dicir, a ollos do Ministerio de Educación, por ser un sucio terratenente. Unha leira.
A opción C, por último, sería concederlles as mesmas 20 bolsas de 5.000 euros, abondas para pagar un ano de carreira, a aquel 20% que saque as mellores notas (insisto en que uso as notas como baremo da implicación na carreira e do talento non porque as considere infalibles, senón porque non atopo ningún mellor). O 80% que quedaría sen bolsa tería por diante catro alternativas: exprimi-los cartos da súa familia todo o que poida, traballar para paga-los estudios que tanto desexa, dar o mellor de si para pasar a ser dese 20% ó que os contribuíntes lle pagan os seus estudos ou deixa-la universidade e buscar outro ámbito onde si poida ser do mellor 20%, porque non esquezamos que o futuro de todo o mundo non pasa pola vía universitaria.
Vós cal escolleriades?
Únete ó debate en Facebook en http://ir.gl/b17bfa !