As mellores frases da historia NBA
Cando os medios, o show e o espectáculo son a base dun deporte, este deixa moitos momentos para o recordo. Entre estes están sen dúbida algunha as frases que os profesionais do mesmo soltan pola súa boca (e na actualidade tamén polo seu Twitter). Se hai pouco Sergio Ramos viu a final entre Miami Heat e San Francisco Spurs, outros moitos incultos, fenómenos ou xenios soltaron perlas á outra beira do Atlántico. Recompilamos as que para nós son as mellores frases da historia NBA:
- “Todas as temporadas, cando un equipo novo me ficha hai un equipo menos que descoñece que podo xogar nesta liga. En Estados Unidos hai como 5.000 xogadores mellores ca min que nunca pisaron a NBA”. Mark Pope, quen promediou durante a súa carreira NBA unha media de 1,9 puntos por encontro.

“O día no que Kobe e eu nos pomos de acordo para meter 83 puntos non hai quen nos pare”. Brian Cook, tralo partido no que Kobe Bryant anotou 81 puntos frente a Toronto. El fixo dous. Na foto celebrando a fazaña / Fonte: diariodenavarra.com
- “Allan Houston, Stephon Marbury e Jamal Crawford forman un dúo letal para os Knicks”. Carmelo Anthony, demostrando que sabe sumar.
- “Podo tirar tanto coa dereita como coa esquerda. Son anfibio”. Charles Shackleford, quen se fora mamífero tamén tiraría coa do medio.
“Serbia? Eu creo que é un xogador válido para os Timberwolves”. E Stojakovic é un país cuxa capital é Belgrado, claro que si, Gary Payton.
- “Normalmente os pivotes pensan coa cabeza e fanse oco na zona co cu. Vrankovic é o único que coñezo que o faga ó revés”. O adestrador Boza Maljkovic sobre as habilidades baloncestísticas do seu xogador.
- “Por que tiro tantas triplas? Porque non hai canastras de catro puntos”. Antoine Walker, demostrando que o seu futuro estaba en Corea do Norte.

“O mellor día da miña vida foi cando tiña 25 anos. Ese día aforrei 1.200 dólares!”. Stephen Jackson, sobre un ano no que gañou 5 millóns de dólares / Fonte: www.zimbio.com
- “Charles Barkley e máis eu somos os únicos xogadores do equipo que estamos seguros de non ser traspasados. El teno firmado no contrato, a min non me quere ninguén”. Joe Kleine, pivote suplente de Phoenix Suns.
“Todo pivote titular da NBA ten un suplente, e ese suplente ten outro suplente. Eu son ese suplente”. Daniel Imhoff, tras ser preguntado pola súa carreira de 10 anos na NBA.
-
“Moitas veces menciónanme na mesma frase ca Michael Jordan. Din: Parécese máis a un Scott Hastings que a un Michael Jordan”. Scott Hastings, quen nunha das súas temporadas na NBA chegou a anotar 5 puntos por partido.
- “Tratamos de xogar fóra como o facemos na casa. É fácil, tampouco temos afeccionados cando xogamos en casa”. Dion Glover, gañándose o afecto dos seareiros de Atlanta.
- “Co malo que son, para min é un orgullo ser o 12º home dun equipo”. De novo Mark Pope, feliz nunha temporada onde había un xogador peor ca el.
- “Cando mete máis de 100 puntos e o seu rival non chega a esa cifra, Detroit vence case sempre”. Doug Collins, adestrador e matemático.
- “Bryant é un Chevrolet e eu son un muro. E xa sabedes o que pasa cando un Chevrolet choca contra un muro…”. Shaquille O’Neal e os seus 150 quilos na véspera dun Lakers-Heat.
- Limítase a estar quieto aí abaixo (na zona). Aínda así é bastante efectivo”. Ray Allen sobre Shawn Bradley, quen medía 2.29 metros.
- “Cando oín que todo o mundo comezaba a aplaudir pensei para min mesmo: vaia suspensión máis bonita acabo de meter. Logo vin que a xente aplaudía porque era a asistencia número 10.000 de John Stockton”. Matt Harpring, ídolo en Utah.
- “Xogo no modo Asociación na miña Playstation e saquei máis alí que o equipo na realidade polo traspaso de Vince Carter”. Jalen Rose, atacando ó director xeral.
- “Eses europeos si que saben negociar”. Donyell Marshall, despois de pagarlle ó chino Mengke Bateer para que lle cedese o dorsal 42. Na foto co “outro chino” Pau Gasol / Fonte: www.zimbio.com
- “Esperaba que esta vez utilizasen algo orixinal para meterme na lista de lesionados, non sei, algo como caspa crónica”. Mark Pope, tomando a risa non estar nunca entre os 12 convocados.
“Cría que ficharamos a LeBron James para ter máis facilidades en ataque para anotar os meus puntos”. Ricky Davis, o home que errou un tiro na propia canastra para lograr un triple doble, consciente do seu propio egoísmo.
- “O certo é que me equivoquei ó darlle o cobadazo. Igual levaba varias semanas sen comer”. Charles Barkley, tras ser preguntado por unha agresión a un xogador angolano.
- “Tranquilos, nunhas semanas cumprirá 21 anos, poderá beber e fumar e xa non fará isto”. Jalen Rose, cando LeBron James lles gañou practicamente el só.
Sabedes máis frases ou historias curiosas? Tedes algunha que engadir? Compartídea nos comentarios!
Foto de portada: zimbio.com