“Para conservar os nosos dereitos hai que exercelos”
“Hai unha crise de valores”, expresou o portavoz parlamentario de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), Xosé Manuel Beiras. O líder nacional mostrouse nun ton uniforme e pausado, ao que non nos ten acostumados. Os estudantes que asistiron este luns a unha das xornadas sobre o asamblearismo escoitaron de Beiras verbas como “o cambio ten que darse dende abaixo cara arriba”. O portavoz nacionalista criticou sen sutilezas a Núñez Feijoo con calificativos como “narcopresidente”. A esta conferencia na facultade de Ciencias Políticas da USC tamén estaba citado Ángel Abalde, licenciado na mesma carreira, e o estudante Iván Castro, que moderou as ponencias.
“Unha democracia directa e horizontal, a certos niveis é factible. Outra cousa é que os miles de electores participen directamente na tomas de decisións do Goberno”. Beiras defendeu o aseamblearismo basado na democracia directa, imposible de levar a cabo sen participación horizontal. A través de diversas referencias históricas, o portavoz explicou que neste sistema de participación cidadá, todas as ideas son susceptibles de ser consideradas en igualdade de condicións. O ponente criticou tamén “a incapacidade das organizacións para poñerse de acordo en certas cousas”. O antigo profesor da USC defendeu que “é un dos maiores problemas que impiden un salto cara adiante”.
Ademáis da crise das organizacións, outro dos problemas que impide avanzar nesta liña é a desconfianza dalgúns a participar nas folgas. “A eficacia do aseamblearismo só se poderá conseguir mediante a coordinación”, sentenciou o político galego. “No é marcalo ou dirixilo, é orientalo para evitar unha situación de caos”, especificou. Indicou a necesidade de coordinación nas diferentes plataformas cidadáns nun “frente social de combate e rebelión cívica”. Porque os políticos, incluidos “os que intentamos plantar cara” non poden facer ese cambio no Parlamento.
Nun ton máis reivindicativo, o protagonista do debate pasou a falar do futuro. A este respecto, o portavoz de AGE augurou que a situación actual vai explotar en calquera momento e producirase un “reventón social”. No momento no que a cidadanía comece a conectarse e coordinarse, “Feijóo non aguanta nin dous días”. A partir de aquí, as palabras que seguiron o discurso de Beiras foron en contra do Goberno actual e de Feijoo. Sen ningún reparo, chamou “narcopresidente” a Feijoo, acusándoo de non responder no parlamento sobre as cuestións de Marcial Dorado.

Palabras ditas na conferencia e publicadas posteriormente en Twitter
Elaborado por Paula Pérez Fraga e Irene Picallo Doce coa colaboración de Andrea Espiñeira e Adrián González Placer.
Fotografías de Andrea Espiñeira.