Bañadores & cía
Farta da “operación bikini”? Farta de ir probar traxes de baño e que ningún te favoreza? Farta de bañarte na praia e ter que andar tirando do bikini para que non asome carne de máis? Non, isto non é a teletenda, é moito mellor… É a volta dos bañadores e bikinis con tea a esgalla! E é que xa intentaron colarse nos nosos carpazos hai unhas cantas tempadas, pero non foi ata esta que conseguiron dar o “campanazo”. As braguiñas brasileñas están condenadas a morte este verán, grazas á providencia, porque este ano quen triunfa son as bragas de avoa! Non podería haber unha noticia mellor que o feito de que por fin levar un traxe de baño “recollidiño” sexa a última moda.
É ben certo que cos bañadores e bikinis altos non conseguimos broncear tanto o noso corpo “serrano”, pero, a que prezo temos unhas barrigolas e uns cadrís moreniños? Moitas veces iso esixe levar prendas de baño moi pouco favorecedoras e elegantes, así que, a nova ecuación é: barrigas brancas = modelazos de praia.
Comezamos cunha das nosas deseñadoras patrias de “swimwear”, Guillermina Baeza, cunha recua de bañadores moi “cool”:

www.guillerminabaeza.com

www.guillerminabaeza.com

www.guillerminabaeza.com

www.guillerminabaeza.com
A continuación, un modelazo de Aquarella:

www.thebestfashionblog.com
Dúas coleccións diferentes pero coa constante do bikini alto de Kooey:

www.fashionsalade.com

www.portlandmonthlymag.com

www.portlandmonthlymag.com
Vemos aquí un deseño de Burberry Prorsum, no que se curta a silueta feminina mediante un cinto:

www.musechase.com
Outro modelazo, de Cote d’Or:

www.thebestfashionblog.com
La Perla:

www.laperlamagazine.com

www.laperlamagazine.com

www.laperlamagazine.com
Rochas, moi retro e favorecedor:

www.fashioncherry.com
En TCN o corte “coulotte” cobra protagonismo:

www.tcn.es

www.tcn.es

www.tcn.es
Entre as nosas “celebrities” as máis atrevidas xa locen conxuntos desta índole. Aquí, Diane Kruger:

www.caciqueswimwearboutique.blogspot.com
Gala González, tanto cun bañador como cun dúas pezas de corte vintage:

www.amlul.com

www.fashionisima.es
Taylor Swift, ídem:

www.usmagazine.com

www.eonline.com
Song of Style, que xa luciu no que vai de ano dous bikinis altos (sorte que teñen algunhas):

www.songofstyle.com

www.songofstyle.com
Natalie Off Duty, moi na súa liña:

www.elgatoconpajarita.wordpress.com
Nas nosas tendas preferidas, en primeiro lugar, Asos, onde se poden mercar por separado a parte de arriba e a de abaixo, para as que non somos milimetricamente simétricas. Este de aproximadamente 36 euros entre as dúas prendas:

www.asos.com
Tamén temos estoutro de arredor de 40 euros, precioso:

www.asos.com
E por último este bañador de Seafolly de 119,48, case nada:

www.asos.com
Para as que non queiran arriscarse a mercar sen probar (aínda que sempre se pode devolver), comezamos con Calzedonia, cuxa páxina web dá bastante pena e nin sequera poñen os prezos, pero bueno:

www.calzedonia.it

www.calzedonia.it

www.calzedonia.it
En Women Secret temos este negro sinxeliño, que tamén o hai cun pequeno estampado en leopardo branco e negro, por 22,95 cada unha das pezas:

www.womensecret.com
En Oysho pouca cousa, parece que Amancio prefire que as mulleres sigamos levando bikinis pequeniños… Atopamos este bañador tan xeitoso por 27,99:

www.oysho.com
E ata aquí o artigo de hoxe! Que vos pareceu? Credes, coma min, que os traxes de baño máis grandes adoitan favorecer máis? Compartide as vosas opinións! Ata a próxima!