Bloque de cor
Atrás quedaran os tempos aqueles nos que apostar por accesorios dunha soa cor era “lo más de lo más”, nos que non era exclusivamente propio de “chonis” ir vestida toda dunha cor… Pero como nisto da moda todo volve… Esta tempada máis que nunca, o último berro consiste en ser unha expresión do monocromo máis extremo… Chega a tendencia “total white/blue/red/yellow… look”!
Supoño que máis de unha xa vos decatariades da euforia da “paletería” asistente a vodas, bautizos e comuñóns, porque xa poden volver poñer zapatos e bolso a xogo sen ser miradas con desdén polas “fashionistas”… Porque agora son estas últimas as que emulan ás primeiras!
Nós, que somos estamos “on the cutting edge” do mundo da moda, apostamos máis forte ca ninguén e facemos apoloxía da acumulación de capital colorista como forma de vida… Adiante!
“Total white look”:
En primeiro lugar unha creación de Chloé para esta primavera (e verán):

www.zimbio.com
Vemos aquí unha peza da colección cruceiro deste ano de Valentino:

www.explosionessimultaneas.com
Carolina Engman de Fashionsquad quebra a uniformidade cunha carteira en pitón:

www.bplastyle.blogspot.com
“The Queen” Miroslava Duma accesoriza o seu a base de negros:

www.bplastyle.blogspot.com
Aquí unha proposta caseira con prendas de Zara, moi “lady”:

www.zara.com
39,95

www.zara.com
29,95
“Total denim look”:
Esta variante xa comezara a deixarse ver no inverno, coa ruptura daquela vetusta norma de “vaqueiro+vaqueiro=fail“. Tres modelos de Balmain, os dous primeiros da colección primavera-verán e o terceiro da colección cruceiro:

www.celebsvenue.in

www.unstyleunique.blogspot.com

www.elcoffre.blogspot.com
De novo Miroslava Duma (está en todo!), que non só xunta camisa e pantalón vaqueiro, senón que mestura distintas teas:

www.fashion-pills.com
Unha opción é esta, con dúas prendas de Zara, moi apta para o estío:

www.zara.com
29,95

www.zara.com
25,95
“Total red look”:
Imos subindo en decibelios cromáticos e atopamos o vermello como único actor. Aquí un deseño de Gucci:

www.izandrew.blogspot.com
Giambattista Valli:

www.decoraunacasa.es
A fabulosa estilista Caroline Sieber adiántase con esta elección:

www.rosamexicanoblog.com
Laure Heriard Dobreuil elixe dous tons de vermello un tanto discrepantes, pero aínda así, resulta! Que opinades?:

www.collagevintage.com
Propomos esta mestura, tamén composta por dúas pezas de Zara, sofisticada, non?:

www.zara.com
29,95

www.zara.com
39,95
“Total blue look”:
O inmortal azul “klein” campa ás súas anchas pola pasarela, como por exemplo a de Chanel:

www.bookiblog.com
Gucci de novo:

www.fabulishliving.blogspot.com
Ou a de “ready to wear” de Hermès:

www.maiscistyle.com
Non, Miroslava Duma (aínda) non financia Compostimes, pero aquí vémola cun conxunto tipo “coiraza”, que tanto furor fixo:

www.streetstyle.hola.com
Temos este exemplo de adaptación, moi fresquiño:

www.zara.com
25,95

www.zara.com
29,95
“Total pink look”:
As máis “Barbies” están de sorte, porque poden ir vestidas de rosa da cabeza aos pés e aludir ao bo gusto!
Aquí, dous espectaculares deseños de Gucci:

www.instyle.co.uk

www.lookandfashion.hola.com
Con tinguiduras orientais, de Osman:

www.luxuryopus.com
Como proposta, este “look” composto por unha camiseta de Mango e uns pantalóns de Zara:

www.mango.com
19,99

www.zara.com
29,95
“Total green look”:
A esencia de Peter Pan non ten por que embargar soamente os nosos espíritos, tamén pode facelo cos nosos armarios…
Dúas obras de Stella McCartney:

www.sofeminine.co.uk

www.cacolyte.blogspot.com
Unha peza da xa mencionada colección cruceiro de Valentino:

www.smoda.elpais.com
Como alternativa, este xogo vaporoso:

www.zara.com
15,95

www.zara.com
29,95
“Total yellow look”:
Nesta imaxe, a modelo da esquerda leva abrigo, bolso e zapatos en amarelo, como non, da colección de Louis Vuitton para esta tempada, cun innegable aire dos sesenta:

www.fashionista.com
Michael Kors, cegador neste conxunto:

www.modaddiction.net
E Olivia Palermo loce un dúo de amarelos moi suxestivo:

www.ar-revista.com
Como opción “low cost”, unha combinación mostaza:

www.zara.com
15,95

www.zara.com
49,95
Ata aquí o artigo de hoxe! Nin que dicir ten que as posibilidades son tantas coma cores poboan o mundo, así que a tentear con “nude”, laranxa, salmón, gris… E para as máis atrevidas, estampados ou metalizados! Ata a próxima!