A felicidade nos sorrisos de Bombai

Me llamo Jaume. Soy de Barcelona. Estudié Periodismo. Me fui de vacaciones a la India, y la India no me enamoró. Hay muchas Indias. Hay la India de los palacios y los jardines de marajás; y hay la India de la pobreza. Esa fue la primera imagen que tuve de la India y, ¿quién se puede enamorar de la pobreza?.

Así se presentou Jaume Sanllorente na súa charla do II Congreso de la Felicidad o ano pasado.

A de Jaume é unha historia de coraxe e superación. Como ben di nesta presentación, Sanllorente marchou de vacacións á India, de pura casualidade, e alí coñeceu a cara máis crúa da pobreza: coñeceu a zona dos slums; visitou o Distrito das Luces Vermellas de Bombai —epicentro mundial da prostitución— onde tivo a oportunidade de coñecer o caso de varias nenas que se vían obrigadas a vender o seu corpo para comer e de nenos mendigos aos que se lles amputaran membros para “dar máis mágoa” e conseguir así mellores propinas; e mesmo se presentou nun pequeno orfanato a piques de pechar co fin de entrevistarse coa directora para poder escribir algo sobre o tema.

© Sonrisas de Bombay

© Sonrisas de Bombay

Aquelas vivencias tiveron unha fonda repercusión en Jaume. Voltou a España, pero non lle deu as costas ao problema. Voltou por pouco tempo: o tempo suficiente para conseguiren a maior cantidade de diñeiro posible e regresar a Bombai para axudar a mellorar a situación destes cativos. En 2005, xuntou tódolos seus aforros e fundou a ONG Sonrisas de Bombay, destinada a axudar ás comunidades máis pobres de Bombai.

O camiño non foi fácil: atopouse con numerosos impedimentos legais, e mesmo se viu obrigado a moverse con gardaespaldas durante moito tempo, posto que as súas accións o levaron a ser un dos principais obxectivos das mafias da cidade. Pero Jaume nunca pensou en abandoar.

Me orienté por el corazón, pero orientarse por el corazón no quiere decir que pierdas la cabeza. Muchas veces tenemos miedo a pensar que lo que hagamos con el corazón está reñido con la cabeza. Y no es verdad. Porque cuando corazón y cabeza se alinean, sale de todo, y nada es malo. En aquel momento, se me alinearon el corazón con la cabeza.

Non sei se todo o que xorde cando se unen corazón e cabeza é bo, pero isto foi máis que bo. O proxecto de Jaume, que empezou sendo un pequeno orfanato de 40 nenos, hoxe acolle a milleiros de persoas: cativos das rúas e adultos aos que se lles da educación, sanidade, traballo e asesoramento.

Agora vive viaxando constantemente entre España e Bombai, movéndose por conseguir axudas, preocupándose de que aos seus nenos non lles falte de nada. Porén, non é ningún hipócrita: viste con túnicas, pero tamén con traxes de chaqueta; sabe como funciona un iPhone e está moi ao día do que pasa no resto do mundo. Non é que decidise aislarse do mundo, é que decidiu non aislarse do que estaba pasando no mundo: decidiu axudar a melloralo.

Sería absurdo falarvos aquí de toda a súa historia, posto que el mesmo se encargou de explicala amplamente no seu libro Sonrisas de Bombay: el viaje que cambió mi destino. Amais, os beneficios deste libro que están destinados ao autor irán directamente á conta da ONG, e non serei eu quen os prive dos euriños que poidades aportar aqueles que esteades interesados en coñecer en profundidade o tema.

O que quería amosar con esta historia, é que cada persoa atopa a felicidade en algo distinto. Uns soñan cunha familia numerosa, outros fantasean con importantes traballos ou con deixar a súa pegada na historia. Jaume atopou a felicidade ahí, en Bombai, axudando a mellorar a vida de todas estas persoas. Nun xiro de tornas completamente inesperado, algo —algúns chamaranlle “Deus”, Jaume coincide comigo en chamarlle “destino”—  o puxo no camiño de todos eses nenos e el, sen pensalo demasiado, deixou a súa cómoda rutina en Barcelona por unha nova vida rodeado de cativos que, sen sabelo, o necesitaban desesperadamente. Encontrou a súa felicidade axudando á felicidade de outros.

© Sonrisas de Bombay

© Sonrisas de Bombay

Jaume en hebreo significa “Dios recompensará”. Cando os primeiros nenos aos que lles daba clase en Bombai o souberon, regaláronlle esta fermosa frase “Jaume=Dios recompensará. Y a nosotros, Dios nos ha recompensado con Jaume”. Un deses primeiros nenos, agora vai á universidade, e tamén axuda aos rapaces do seu barrio dándolles clases particulares. ¿Que por que o fai? “Porque yo también quiero que ellos, como yo, sean felices”. Asemella que a semente que plantou Jaume comeza a dar os seus froitos.

É xente coma Jaume a que nos fai querer ser mellores persoas, a que nos enche o corazón de esperanza e nos axuda a  imaxinar que sí, que se pode, que só hai que querelo: pódese cambiar o mundo. Basta con non escoller sempre o sinxelo, e con non darlle as costas ás situacións máis desagradables.

El primer día de clase, el decano de mi facultad nos dijo que ser feliz era mucho más fácil de lo que creíamos, y que la vida era mucho mejor de cómo nos la pintan. Tenía razón.