Rape á prancha con ensalada e salsa de ceboliño

Chegou o momento de estrearnos cun peixe, e non era sen tempo. Nestas datas podemos atopar o rape con bastante facilidade e a un prezo asequible para a maioría dos petos, ademáis de ser un peixe branco, que destaca polo seu baixo contido en graxas (operación bikini on). Escollino sobre todo por que non precisa de moita elaboración para ser un prato moi rico.

Ingredientes para 4 persoas:

  • 4 toros de rape
  • 4 tomates
  • 1 leituga
  • 1 ceboliño/porro
  • Sal (mellor maldon)
  • Aceite
  • Vinagre
  1. Poñemos a tixola ao lume cun chisco de aceite, cando esté quente botamos o toro.DSC_0308
  2. Cando estea ben dourado, retiramolo e colocamos os tomates en rodaxas.DSC_0312DSC_0313
  3. Mentres tanto, noutra tixola, temperamos aceite e apagamos o lume, engandindo nese intre o ceboliño, para que non se nos queimeDSC_0318
  4. Deixamos repusar a salsa uns 15 minutos
  5. Emplatamos co peixe e os tomates presentados cun pouco de sal maldon, e a ensalada cun toque de balsámicoDSC_0332