Ensina o embigo!

Para as menos doutas no léxico “fashionil”, “crop top” (tamén “cropped top”, “belly shirt”, “half shirt” e outras invencións) non significa nada máis que “camiseta que deixa ao aire a barrigola”! Xa levan varias tempadas intentando colarse entre as prendas estrela, para por fin, nesta de primavera-verán do 2013 converterse en protagonistas do panorama “fashion” (as Spice Girls deben de estar que se soben polas paredes).

Se me equivoco, corrixídeme, pero creo que esta prenda suscita grandes e profundos medos entre nós, as mulleres “reais”, “da rúa”, esas que temos as nosas carnes e persoais formas femininas. Pero, se vos son sincera, creo que cuns pantalóns un pouco altos poden ser unha das pezas máis elegantes e favorecedoras do noso armario estival.

Nestas dúas imaxes, deseños de Balenciaga:

1 balenciaga 2 mode.newslicious.net

www.mode.newslicious.net

Balenciaga, Ready to Wear, Spring Summer, 2013, Paris

www.nowfashion.com

 

Tres deseños de Erdem, que nos trasladan a un mundo etéreo e delicado:

3 erdem 1 mode.newslicious.net

www.mode.newslicious.net

4 erdem 2 typeandtalk.wordpress.com

www.typeandtalk.wordpress.com

ERDEM, RTW, Spring Summer, 2013, London

www.nowfashion.com

 

A continuación, tres modelos de Versace, na liña agresiva e sensual da firma:

6 versace 1 msn.com

www.msn.com

7 versace 2 ohmundocruel.com.mx

www.ohmundocruel.com.mx

Versace, RTW, Spring Summer, 2013, Milano

www.nowfashion.com

 

Tres pezas de Derek Lam, que me teñen namorada. Unha colección ecléctica (ese termo tan de moda que ninguén sabe moi ben que significa) e futurista:

9 derek lam 1 vogue.it

www.vogue.it

10 derek lam 2 fashionising.com

www.fashionising.com

11 derek lam 3 vogue.it

www.vogue.it

 

Angelo Marani mergúllanos na selva coa súa colección presentada en Milán:

12 angelo marani 1 sepiaportrait.blogspot.com

www.sepiaportrait.blogspot.com

13 angelo marani 2 vogue.it

www.vogue.it

14 angelo marani 3 djursh.blogspot.com

www.djursh.blogspot.com

 

Balmain, que non podía faltar neste “revival”:

15 balmain 1 angelinthenorth.com

www.angelinthenorth.com

16 balmain 2 angelinthenorth.com

www.angelinthenorth.com

 

Loewe, que aliña a sofisticación propia da firma co desenfado dos “crop tops”:

17 loewe 1 vogue.co.uk

www.vogue.co.uk

Loewe, RTW, Spring Summer, 2013, Paris

www.nowfashion.com

 

Miu miu, que os emprega como elemento rupturista nunha colección marcadamente sobria:

19 miu miu 2 fashionsalade.com

www.fashionsalade.com

20 miu miu 3 fashionsalade.com

www.fashionsalade.com

21 miu miu 4 fashionsalade.com

www.fashionsalade.com

 

Entre as nosas “celebrities” non podían faltar as exhibicións “ombriguís”. Diane Kruger por duplicado, tanto como parte dun conxunto formal, coma doutro moi mariñeiro:

22 diane kruger 2 becariadelamoda.com

www.becariadelamoda.com

23 Diane-Kruger 1 dailydoseoflies.com

www.dailydoseoflies.com

 

Hanneli Mustaparta, nestas dúas imaxes, marca tendencia:

24 hanneli mustaparta divinavintage.blogspot.com

www.divinavintage.blogspot.com

25 hanneli mustaparta wardrobeworship.blogspot.com

www.wardrobeworship.blogspot.com

 

Alice Dellal, a nosa “fille fatale” preferida, moi asidua deste tipo de cortes:

26 alice_dellal_crop_top_leather posh24.com

www.posh24.com

 

Alexa Chung, que infantiliza a esencia do “crop top” para adaptalo ao seu propio estilo:

27 alexa chung shinystyle.tv

www.shinystyle.tv

 

Jessica Alba, impresionante:

28 jessica alba stylebistro.com

www.stylebistro.com

 

Nas nosas tendas favoritas xa podemos comezar a ver este tipo de cousiñas. Nesta primeira imaxe, un top de Zara, de 29,95 euros, que xa vimos anteriormente.

29 zara 29,95

www.zara.com

 

Temos en Mango diversas alternativas. Esta primeira, que tamén a hai en negro e en rosa, por 15,99 euros:

30 mango 15,99 también rosa y negro

www.mango.com

 

Temos, tamén en Mango, estoutro, por 19,99 euriños:

31 mango 19,99

www.mango.com

 

E por último na barcelonesa, temos este de pel por 29,99, que me parece favorecedor e elegante como o que máis:

32 mango 29,99

www.mango.com

 

En Blanco atopamos este, cun lixeiro aire á colección de Erdem, por 17,99 euros:

33 blanco 17,99

www.blanco.com

 

E por último, cun toque “rock”, temos este de H&M, moi baratiño, 4,95 euros:

34 hm 4,95

www.hm.com

 

 

E por suposto, se nada disto nos convence, sempre teremos a alternativa: camiseta vella + tesoiras!

Ata aquí o artigo de hoxe! Que vos pareceu? Animarédesvos a lucir un “crop top”? Xa me contaredes!