Lonxano Oriente

Semella que o “Gagnam Style” e a sudadeira de Kenzo cun tigre no medio e medio non son o único que vén arrasando do Extremo Oriente (e non me quero referir a bombas nucleares…), os kimonos, as flores de cerdeira, o bambú, ou os dragóns campan ás súas anchas polas pasarelas internacionais e cada vez máis polas nosas tendas favoritas. Despois de varias horas de pescuda pola web, debo admitir que teño un “subidón” colorista e non vexo o momento de que deixe de chover a chuzos para lucir prendas desta tendencia.

A ver se consigo que vos unades ao meu entusiasmo a través desta viaxe visual!

Emilio Pucci foi un dos convencidos adscritos ao “oriental style”, como podedes ver nestas cinco imaxes:

1 emilio pucci 3 the-fashion-headliner.blogspot.com

www.fashion-headliner.blogspot.com

2 emilio pucci 4 stylebistro.com

www.stylebistro.com

3 emilio pucci 5 stylebistro.com

www.stylebistro.com

4 emilio pucci 6 thelivingfashion.com

www.thelivingfashion.com

5 emilio pucci 7 fashionmagazine.com

www.fashionmagazine.com

A continuación un deseño de Altuzarra, que non escatima en superposicións, estampados, dourados e demais artificios da terra do sol nacente:

6 altuzarra multiplefashiondisorder.wordpress.com

www.multiplefashiondisorder.wordpress.com

Haider Ackerman conserva a súa característica sobriedade, se ben as potentes lazadas e volantes na cintura unidos ás chaquetas con colo mao fan as delicias dos deseños:

7 haider ackermann stylebistro.com

www.stylebistro.com

8 haider ackermann 4 fashionmagazine.com

www.fashionmagazine.com

Na parisiense Hermés tamén se fan eco dos estampados e tecidos do afastado Oriente:

9 hermes chidostore.com

www.chidostore.com

Máis do mesmo en Aquilano Rimondi:

10 aquilano rimondi 4 stylebistro.com

www.stylebistro.com

11 aquilano rimondi fashionmagazine.com

www.fashionmagazine.com

Unha creación de Leonard:

12 miu miu oriental beautyiscolor.tumblr.com

www.beautyiscolor.tumbrl.com

Outra das que apostan forte é Etro, que me ten absolutamente namorada coa última colección de primavera-verán:

13 etro 2 modemodels.blogspot.com

www.modemodels.blogspot.com

14 etro 3 stylebistro.com

www.stylebistro.com

15 etro 4 stylebistro.com

www.stylebistro.com

16 etro 5 fashionbombdaily.com

www.fashionbombdaily.com

17 etro 6 stylebistro.com

www.stylebistro.com

18 etro 7 fashionmagazine.com

www.fashionmagazine.com

ETRO

www.fashionmagazine.com

Pese á súa declarada intención de trasladarnos aos anos sesenta, Prada non puido evitar caer rendida ante os cortes, formas e estampados orientais (fixádevos nas sandalias!):

21 prada 2 diveintofashion.wordpress.com

www.diveintofashion.wordpress.com

22 prada stylebistro.com

www.stylebistro.com

E para despedirnos da pasarela, Vivienne Westwood, que non recea en escandalizar a base de exceso:

23 vivienne westwood 2 stylebistro.com

www.stylebistro.com

24 vivienne westwood 3 stylebistro.com

www.stylebistro.com

Os nosos referentes de estilo favoritos tamén aproveitan a oportunidade de levar kimonos e similares sen parecer un entroido. Aquí Florence Welch cunha chaqueta estampada:

25 Florence+Welch www.pactarconeldiablopor.com

www.pactarconeldiablopor.com

Elisa Sednaoui loce un fantástico Chloé que nos traslada a un templo budista…

26 elisa sednaouiCHLOÉ FLORES www.yurykastyle.com

www.yurykastyle.com

Dakota Fanning (que nome máis feo ten a pobre rapaza) nun Proenza Schouler:

27 dakota-fanning-proenza schouler redfashion.es

www.redfashion.es

Keira Knightley nese particular estilo entre ecléctico e “raruno” que ten:

28 keira-knightley fashionsalade.com

www.fashionsalade.com

Alexa Chung, facendo honor ao seu apelido:

29 alexa chung mujer.es.msn.com

www.mujer.es.msn.com

Unha “street styler” cunha particular forma de interpretar o estilo oriental:

30 street style oriental lookandfashion.hola.com

www.lookandfashion.hola.com

Olivia Palermo, na xusta medida, coma de costume:

31 olivia palermo oriental www.fabsugar.com

www.fabsugar.com

A patria Lovely Pepa cun kimono de flores:

32 lovely pepa stradivas.com

www.stradivas.com

E por último, unha das miñas favoritas, Mary Charteris, que parece un faroliño de Chinatown:

33 mary charteris fashionfinder.asos.com

www.fashionfinder.asos.com

En Zara temos esta “bomber” por 59,95 euros:

34 zara bomber 59,95

www.zara.com

Tamén en Zara, este kimono por 29,95:

35 zara kimono 29,95

www.zara.com

Ou este vestido por 39,95 euros:

36 zara vestido 39,95

www.zara.com

Esta blusa por 29,95 euros:

37 zara blusa 29,95

www.zara.com

Tamén estes pantalóns que non sei se acaban de convencerme, por 29,95 euros:

38 zara pantalóns 29,95

www.zara.com

E por último, estas cuñas, moi “asiáticas”, só aptas para as máis atrevidas:

39 zara cuñas 69,95

www.zara.com

En Mango podemos atopar este kimono por 59,99 euros:

40 mango kimono 59,99

www.mango.com

Ou estoutro, moi similar ao primeiro que vimos de Emilio Pucci, por 49,99 euros:

41 mango kimono 49,99

www.mango.com

En Uterqüe podemos darnos un capricho con esta chaquetiña de 169 euros:

42 uterque chaqueta 169

www.uterque.com

De novo calzado, esta vez de H&M, por 29,95 euros, que se poden levar con calcetíns para ser unha geisha 100%!:

43 hm cuñas 29,95

www.hm.com

E por último, temos esta “bomber” de Blanco, por 39,99 euros:

44 blanco bomber 39,99.jepg

www.blanco.com

Ata aquí o artigo de hoxe! Que vos pareceu? Animádesvos coa tendencia oriental?

Ata a próxima!