Houndstooth

Hoxe imos desvelar un segredo. Falaremos de algo que se agocha subrepticiamente entre as prendas de tendencia de cada temporada, que pretende pasar desapercibido, e que só as máis depredadoras conseguen atrapar ben entre as fauces… Tras ese título misterioso, agóchase un clásico atemporal, un referente incombustible, un sinónimo de sofisticación… Nada máis e nada menos que o houndstooth (dente de can) ou en galego, a pata de galo.

Quizás non se entenda ben por que digo que é un segredo case de sumario, pero o certo é que a pata de galo está en practicamente todas as temporadas, pero nunca acaba de revelarse coma un “hit”, de maneira que aquela que o leva consegue ir á última e á vez diferente.

Aquí unha prenda de Balenciaga de setembro do 2010, momento da “boom” de “The girl with the Dragon Tattoo”:

2. balenciaga september 2010 ghesquiere style.com

www.style.com

Gwyneth Paltrow (Güitni Paltrou) xa lucía este estampado no 2011 a modo de abrigo:

3. Gwyneth-Paltrow-in-Houndstooth 2011 celebs.com

www.celebs.com

De marzo do 2012 é esta creación de Dior:

4. christian dior march 2012 style.com

www.style.com

House of Holland para o outono-inverno do 2012 mesturaba vermellos, morados, rosas e brancos:

5. House of Holland for all the houndstooth they sent down their AW12 catwalk (year ago) mirror.co.uk

www.mirror.co.uk

Marion Cotillard, en novembro do 2012 elixiu este conxunto de na presentación de “Dark Knight Rises”:

6. Marion Cottilard Dark Knight Rises nov 2012- seasoncheck.blogspot.com

www.seasoncheck.blogspot.com

Como non podía ser doutro xeito, Miroslava Duma non perdeu a virada e loce este traxe (como dos que temos aquí falado), todo á pata de galo:

7. GRAPHIC-BLACK-AND-WHITE-PRINTS-GRAZIA-FASHION-WEEK-STREET-STYLE-NEW-YORK-MIROSLAVA-DUMA-HOUNDSTOOTH-JACKET-SKIRT-HIGH-COLLAR desdeelfrontrow.blogspot.com

www.desdeelfrontrow.blogspot.com

Aquí vemos unha americana froito do “street style”:

8. houndstooth-blazer-street style  desdeelfrontrow.blogspot.com

www.desdeelfrontrow.blogspot.com

Un vestido ata os pés (non sei se me encanta ou me horroriza):

9. Houndstooth-long dress-street-style desdeelfrontrow.blogspot.com

www.desdeelfrontrow.blogspot.com

Unha carteira/axenda/bolso/funda de ipad/funda de DVD/…:

10. Houndstooth-cluth-street-style desdeelfrontrow.blogspot.com

www.desdeelfrontrow.blogspot.com

E logo temos a Lady Gaga:

12. lady-gaga-salvatore-ferragamo 2011-houndstooth-look fashionfame.com

www.fashionfame.com

Esta primavera-verán non queda atrás, e aquí vemos unha creación de Bouchra Jarrar Haute Couture (demasiado abrigoso para un primavera-verán… pero bueno, ao mellor pillouno no hemisferio sur):

13. Bouchra Jarrar Haute Couture S S 2013 pinterest.com

www.pinterest.com

Dous deseños de Michael Kors na “pre-spring-summer” deste ano 2013:

14. michael kors november 2012 pre spring 2013 2 style-skinny.blogspot.com

www.style-skinny.blogspot.com

15. michael kors november 2012 pre spring 2013 style-skinny.blogspot.com

www.style-skinny.blogspot.com

Ás portas das “fashion weeks” sempre se atopa inspiración, coma na deste ano de Milán:

16. MILAN-FASHION-WEEK-STREET-STYLE-SS-2013-SPRING-SUMMER-2013 desdeelfrontrow.blogspot.com

www.desdeelfrontrow.blogspot.com

Onde incluso a inconfundible figura de barbantesa (“mantis” en castelán) de Anna Dello Russo se deixa ver envolta en “dente de can”:

17. milan-street style-anna dello russo-houndstooth print desdeelfrontrow.blogspot.com

www.desdeelfrontrow.blogspot.com

Pero a pata de galo incluso sabe viaxar ao futuro! Vemos aquí a “pre-autumn-winter 2013-2014” colección de Carolina Herrera:

18. Pre-Autumn-Winter-2013-2014-Carolina-Herrera- thebestfashionblog.com

www.thebestfashionblog.com

Rag & Bone (continúan as “bombers”):

19. Rag & Bone Fall 2013 2014 pinterest.com

www.pinterest.com

Thom Browne:

20. Thom Browne F W 13.14 New York pinterest.com

www.pinterest.com

Ou Tommy Hilfiger:

21. New York Fashion Week 11 feb 2013 Tommy Hilfiger autumn winter 2013 preeppy fashion.telegraph.co.uk

www.fashion.telegraph.co.uk

22. Tommy Hilfiger  Fall Winter '13 show nyfw 11 feb 2013 papermag.com

www.papermag.com

Non puiden evitar poñer este deseño dunha tal Lisa Perry, que me pareceu unha preciosidade (aínda que o peiteado da modelo… buf!):

23. Lisa Perry Fall 2013 pinterest.com

www.pinterest.com

Se non queredes deixar pasar a oportunidade de lucir o estampado de “pata de galo”, tedes aquí unhas cantas prendas que puiden ir recollendo por algunhas webs, que ao mellor aínda están dispoñibles ata que rematen de verdade as rebaixas:

Vestido de Adolfo Domínguez, que era de 124 euros e que está a 69:

24. adolfo dominguez 124 a 69 euros

www.adolfodominguez.com

Aquí apréciase mellor:

25. adolfo dominguez detalle.jepg

www.adolfodominguez.com

Pantalóns (tipo “capri”) de Mango, que eran de 29,99 euros e pasaron a 14,99:

26. mango 29,99 a 14,99

www.mango.com

Vestido de Mango tamén, que era de 49,99 e agora é de 24,99:

27. mango 49,99 a 24,99

www.mango.com

Traxe chaqueta de Mango, de 59,99 a 29,99:

28. mango 59,99 a 29,99

www.mango.com

E esta última prenda de Mango, que pasou de 69,99 a 34,99 euros:

29. mango 69,99 a 34,99.jepg

www.mango.com

En Asos podemos atopar cousas máis arriscadas, coma esta saia de 15,58 euros, anteriormente de 38,96:

30. asos 40,46 €AHORA 16,18 €

www.asos.com

Estes pantalóns curtos de 38,96, pero que agora custan 19,48 euros:

31. asos 40,46 €AHORA 20,23 €

www.asos.com

Máis “lady” é este vestido granate, que era de 44,15 euros e agora está a 19,48:

32. asos 45,85 a 29,67

www.asos.com

Máis ambiciosos son estes pantalonciños de House of Holland, que pasaron de 266,19 euros a 135,69:

33. asos house of holland 276,44 €AHORA 140,92 €

www.asos.com

E por último, temos estes “shorts” de Topshop, dos que só quedan as tallas 42 e 44, por 46 euros:

34. topshop tallas 42 e 44 - 46 euros

www.topshop.com

Ata aquí o artigo de hoxe! Espero que saibades gardarme o segredo…

Ata a próxima!