Un concurso de cine (segunda parte)
Colle os flocos de millo, abre unha lata de Coca-Cola de xeito que resoe a douscentos quilómetros á redonda e ponte un filme en Mega, o teu sitio web de almacenamento de confianza. Tan doado coma iso é ver todo o cine do mundo. Pero xa que o tempo é finito… con que nos quedamos? Bótalles un ollo ós nominados ó Óscar e logo vota nesta porra, hai un lote de produtos Compostimes esperándote (aínda que ten unhas manchas de graxa, que agora no cine venden “hot-dogs”…). Se non houbo sorte cos Goya, ou non chegaches a tempo, non te preocupes, Compostimes ten un novo concurso para ti.
Ligazón ó concurso: http://ir.gl/oscar
Bases do concurso
- Só está permitido un voto por persoa.
- O concurso permanecerá aberto ata as 23:59 -hora española- do domingo 24 de febreiro de 2013.
- O premio consiste nun lote de produtos Compostimes: camiseta, bolígrafo, chaveiro e paraugas.
- En caso de empate, procederase a sortear o premio entre os acertantes nun acto público cuxo día e hora serán comunicados a estes a través do correo electrónico.
- O gañador recibirá un correo electrónico de aviso no enderezo facilitado ao encher os datos do concurso.
- O nome do gañador será anunciado nas redes sociais. No caso de non desexar que o seu nome sexa divulgado se resultase agraciado, o participante pode facelo constar mediante correo electrónico ó enderezo redaccion@compostimes.com.